O BNG pídelle ao Goberno local que recolla os cascallos e vidros dos exteriores da fábrica de tabaco
A Coruña, 6 de marzo de 2013.- A concelleira Avia Veira rexistrou esta mañá unha pregunta para a súa resposta escrita en que denuncia o estado en que se atopan o exteriores da Fábrica de Tabacos, con cascallos e vidros ciscados polos arredores do edificio. A nacionalista denuncia que este espazo é empregado acotío como zona de lecer por moitas familias do barrio, que lle transmitiron ao Grupo Municipal do BNG a súa preocupación pola falta de seguridade e de limpeza que alí hai, así como polas altas posibilidades de que, en calquera momento, se produza un accidente.
A concelleira do BNG, que se reclama ao Goberno municipal que limpe esta zona, pregúntalle ao Sr. Negreira se é coñecedor da situación e se vai tomar algunha medida para que esta zona sexa limpada e sexa apta e segura para o disfrute das crianzas.