O economicismo do PP: xente á rúa para pagar obras faraónicas
O BNG critica que o goberno do Sr. Negreira xustifique con criterios economicistas que dous traballladores con discapacidades queden na rúa.
O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego critica que o Goberno do Sr. Negreira sexa quen de xustificar con criterios economicistas que dous traballadores con discapacidades queden na rúa.
E é que o BNG da Coruña xa denunciara, a través dunha pregunta escrita e dun rogo oral no mes de marzo, que o Goberno local non prorrogase até febreiro o contrato de mantemento da área canina do parque de Santa Margarida á Sociedade Cooperativa LIMCO deixando na rúa a dúas persoas traballadoras, cun contrato especial para persoas discapacitadas, para logo llelo conceder á empresa que ten adxudicado o mantemento do Parque de Santa Margarida, Malvecín S.L., mediante un contrato menor e sen garantir a súa subrogación.
Non é só incoherente senón indignante que o Goberno municipal nos conteste que non lle prorrogou o contrato a LIMCO porque no seu día recibiu queixas sindicais de que esta non estaba a pagar as nóminas polo que tivo que requirila para que o fixera e que por iso non lle prorrogue o contrato a LIMCO mais tampouco o saque a concurso público condicionando a subrogación dos traballadores, permitindo así que estes queden na rúa., manifesta o BNG.
Ademais, para o Grupo Muncipal do BNG é un auténtico escándalo que o Goberno dunha institución pública poida xustificar que o mantemento da área canina, agora en mans de Malvecín S.L., custe un 45% menos cando hai dúas persoas que grazas á súa xestión pasaron a engrosar as listaxes do desemprego e que debido ás súas discapacidades teñen maiores dificultades para atoparen un traballo.
O BNG conclúe que Non deixa de ser representativo das prioridades do Goberno do Sr. Negreira que se fale de aforro económico neste caso, cun 45 % de custo máis económico, equivalente a uns 15.000 , cando se vén de solicitar un crédito por valor de 11,45 millóns de , entre outras cousas, para financiar o túnel da Mariña, unha obra faraónica, innecesaria e ilegal.