As contas da Autoridade Portuaria serían peor de non ser polas subvencións da Xunta e do Concello
A Coruña, 10 de outubro de 2014.- Hoxe o Boletín Oficial do Estado publica as contas anuais de Autoridade Portuaria pertencentes ao exercicio 2013, así como o informe de auditoría, as cales son negativas ao rexistraren perdas por valor de 722.049,99 euros (poden consultarse en https://www.boe.es/boe/dias/2014/10/10/pdfs/BOE-A-2014-10317.pdf). Perdas malia que a Autoridade Portuaria inclúe nas súas contas o devengo da subvención por importe de 7.678.721,13 euros do Concello da Coruña e da Xunta de Galiza, en aplicación do convenio para financiar o viario soterrado do Parrote. As contas tamén poñen de manifesto que desta subvención está pendente de cobro por parte da Autoridade Portuaria un importe equivalente a 4.085.333,51 euros. Vistas as contas, é claro que se pode concluir que, sen esta subvención do Concello da Coruña e da Xunta de Galiza por causas das obras do viario do Parrote, o resultado económico da Autoridade Portuaria sería moito peor e rexistraría maiores perdas das que xa ten.
A nota 14, sobre subvención, doazóns e legados
Segundo o que figura na nota 14 da memoria (concretamente na páxina número 82714 do Boletín Oficial do Estado), resulta que Autoridade Portuaria devengou no exercicio económico 2013 unha subvención por un importe de 7.678.721,13 euros, correspondente á financiación por parte do Concello da Coruña e da Xunta de Galiza (como Administracións Pública) para a construción do viario subterráneo do Parrote.
É a propia nota 14 a que tamén evidencia que está pendente de cobro desta subvención ao cerre do exercicio 2013 un importe que ascende a 4.085.333,51 euros.
Literalmente se afirma na nota 14 o seguinte:
"Las adiciones por subvenciones recibidas en 2013 corresponden fundamentalmente a:
Adicionalmente, se ha devengado en el ejercicio la subvención correspondiente a la financiación de Administraciones públicas (Ayuntamiento de A Coruña y Xunta de Galicia) para la construcción de un vial subterráneo del Parrote, por importe 7.678.721,13 euros. El importe de esta subvención pendiente de cobro al cierre del ejercicio 2013 asciende a 4.085.333,51 euros (1.500.000 euros al cierre del ejercicio 2012)".
As perdas da Autoridade Portuaria serían maiores se non contase con esta subvención
Desta maneira e vistas as contas, salientan as nacionalistas, pódese concluír que o resultado económico de Autoridade Portuaria sería moito peor e con maiores perdas do que é, se non contase con esta subvención do Concello da Coruña e da Xunta de Galiza para financiar o viario subterráneo do Parrote.