Carril: "A renovación da frota de buses é unha obriga legal e é insuficiente"

Carril: "A renovación da frota de buses é unha obriga legal e é insuficiente"

A Coruña, 25 de setembro de 2012.- "Que non nos vendan a renovación da frota da Compañía de Tranvías porque é necesaria, é unha obriga legal e é insuficiente", así sinalou esta mañá en rolda de prensa o portavoz do BNG no Concello da Coruña, Xosé Manuel Carril, respecto da estrea de autobuses do servizo urbano.

Carril explicou que a renovación é "necesaria" porque "a forta de autobuses presenta un nivel de depreciación elevadísimo, o que evidencia a súa obsolescencia". Revelou que o valor neto contábel da frota (a diferenza entre o custo de adquisición e a súa depreciación) baixou no 2011 nun 35% respecto de 2010.

Afirmou que a renovación é "unha obriga legal" derivada dos novos criterios de reparto e asignación das subvencións do Estado para o transporte público, conforme ao artigo 105.7 da Lei de Orzamentos Xerais do Estado.

E, por último, salientou que a renovación é "insuficiente" dada a elevadísima situación de liquidez na empresam, con case 6 millóns de euros a 31 de decembro de 2011, un 36% máis que no 2010. Así, puxo de manifesto que o volume de reservas da Compañía de Tranvías permitiría un maior investimento na frota do que hoxe se anunciou.

O BNG denunciará a parafernalia mediática do Sr. Negreira coa Compañía de Tranvías, ao infrinxir a Lei Orgánica de Réxime Electoral

Pola outra banda, o Grupo Municipal do BNG lémbralle ao Partido Popular que actos como os que tiveron lugar hoxe na praza de María Pita coa renovación da frota de autobuses da Compañía de Tranvías, en que participou a plana maior do Goberno municipal, infrinxe a Lei Orgánica de Réxime Electoral. Por iso, o BNG denunciará este feito perante a Xunta Electoral.

Tal e como indica o artigo 50 no seu apartados dous e tres, "desde a convocatoria das eleccións e até a celebración das mesmas queda prohibido calquera acto organizado ou financiado, directa ou indirectamente, polos poderes públicos que conteña alusión ás realizacións ou aos logros obtidos, ou que utilice imaxes ou expresións coincidentes ou semellantes ás utilizadas nas súas propias campañas por algunha das entidades políticas concorrentes ás eleccións".

No apartado tres do artigo 50 indícase que "asimesmo, durante o mesmo período, queda prohibido realizar calquera acto de inauguración de obras ou servizos públicos ou proxectos de estes, calquera que sexa a denominación empregada, sen prexuízo de que estas obras ou servizos poidan entrar en funcionamento neste período".

Artigo 50 da Ley Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Rexime Electoral Xeral.

Los poderes públicos que en virtud de su competencia legal hayan convocado un proceso electoral pueden realizar durante el período electoral una campaña de carácter institucional destinada a informar a los ciudadanos sobre la fecha de la votación, el procedimiento para votar y los requisitos y trámite del voto por correo, sin influir, en ningún caso, en la orientación del voto de los electores. Esta publicidad institucional se realizará en espacios gratuitos de los medios de comunicación social de titularidad pública del ámbito territorial correspondiente al proceso electoral de que se trate, suficientes para alcanzar los objetivos de esta campaña.

Desde la convocatoria de las elecciones y hasta la celebración de las mismas queda prohibido cualquier acto organizado o financiado, directa o indirectamente, por los poderes públicos que contenga alusiones a las realizaciones o a los logros obtenidos, o que utilice imágenes o expresiones coincidentes o similares a las utilizadas en sus propias campañas por alguna de las entidades políticas concurrentes a las elecciones.

Asimismo, durante el mismo período queda prohibido realizar cualquier acto de inauguración de obras o servicios públicos o proyectos de éstos, cualquiera que sea la denominación utilizada, sin perjuicio de que dichas obras o servicios puedan entrar en funcionamiento en dicho periodo.

Se entiende por Campaña Electoral, a efectos de esta Ley, el conjunto de actividades lícitas llevadas a cabo por los candidatos, partidos, federaciones, coaliciones o agrupaciones en orden a la capitación de sufragios.

Salvo lo dispuesto en el apartado 1 de este artículo, ninguna persona jurídica distinta de las mencionadas en el apartado anterior podrá realizar Campaña Electoral a partir de la fecha de la convocatoria de las elecciones, sin perjuicio de lo establecido en el artículo 20 de la Constitución.

 

Carril: "A renovación da frota de buses é unha obriga legal e é insuficiente"