O BNG apoia as demandas da plataforma da ría do Burgo
A Coruña, 24 de setembro de 2012.- O BNG acompañou hoxe a Plataforma da Ría do Burgo, da que forma parte, para reclamarlle ao Goberno central que nos próximos orzamentos xerais do Estado dote unha partida económica para o inicio do plan de rexeneración da ría, o seu dragado, tratamento, limpeza de lodos e todas as actuacións relativas ao seu saneamento integral. Na carta entregada na subdelegación do Goberno, a plataforma tamén solicitou un calendario de actuacións con prazos reais, a través do DOG e do BOE.
Na concentración que tivo lugar esta mañá fronte á Delegación do Goberno, onde o colectivo entregou a misiva, estiveron presentes os e a candidata do BNG pola Coruña, Henrique del Río, Vitoria Louro e Suso Bermello, aos que acompañaron o concelleiro Xan Caxigal, a responsábel comarcal, Silvia Seixas, e militantes da organización frontista.