A caducidade da licenza de Fontenla proba que a política urbanística é ditada polos promotores
A Coruña, 17 de novembro de 2012.- A Xunta de Goberno Local aprobou onte a caducidade das licenzas urbanística concedidas ao Sr. Fontenla en 2009 en Someso, cedendo ante os ritmos marcados polos intereses dos propios construtores. É por iso que o Grupo Municipal do BNG denuncia que son os grandes promotores quen marcan os ritmos do urbanismo no Concello da Coruña, co visto e prace do PP, e en defensa dos seus intereses económicos, e non do interese xeral da cidadanía.
O Grupo Municipal do BNG explica que a licenza outorgada no 2009 para a construción dun garaxe e de vivendas de protección oficial amparábase na ordenación do PXOM vixente nese momento, que obrigaba á execución duns muros de pantalla de gran custo e, ademais, un garaxe mancomunado (con aproveitamento privativo de subsolo público). Nestas condicións, e dados os problemas de execución cos que contaron outras edificacións na zona polas mesmas causas, ao Sr. Fontenla non lle interesou comezar a construción e, simplemente, seguindo os seus intereses, deixaron caducar as licenzas, deixando pasar os prazos. E non só iso, senón que tal e como figura no expediente cando se lle deu o trámite de audiencia para presentar alegacións, o Sr. Fontenla non alegou nada ao respecto.
Porén, os nacionalistas expoñen que o grupo Fontenla promoveu unha modificación do planeamento (modificación aprobada cos votos en contra do BNG no actual goberno do Sr. Negreira) para reordenar as parcelas edificábeis e cambiando, así a ordenación de varias parcelas. Deste xeito, pasouse de tres torres, a dúas, e alteráronse as condicións de aproveitamento do subsolo para garaxes. Con esta modificación, aínda mantendo a mesma edificabilidade total, o Goberno municipal melloroulle o aproveitamento do solar ao grupo Fontenla (facendo posíbel construír máis vivendas e prazas de garaxe, ao dispoñer de maior superficie). En definitiva, deixóuselle caducar a licenza (outorgada no 2009) ao Sr. Fontenla e, á vez, promoveuse unha modificación para mellorar o aproveitamento do solar, (aprobada no 2011).
Neste contexto, o BNG critica que o Goberno do Sr. Negreira, malia saber que os promotores incumpriron os prazos para construír estas vivendas de protección, modificara o plan de Someso para que os promotores poidan construír máis vivendas. Trátase, sinalan os nacionalistas, dun novo agasallo aos grandes construtores por un Goberno municipal entregado á especulación urbanística, sen importarlle o interese xeral da cidadanía da Coruña.
O despropósito de Someso
O BNG lembra que na escritura de compra-venda do solar (de data 18.10.2007), de transmisión da propiedade de Construcciones Fontenla a Somefon VPA (sociedades do mesmo grupo) figura que o solar fora adquirido por Construcciones Fontenla á Xunta de Compensación o 07.02.2006. Este solar procedía da venda ilegal que fixer o Goberno municipal por acordo da Xunta de Goberno Local de 29.19.2004. De aí que nas condicións da compra-venda figuren as condicións da enaxenación da venda do aproveitamento municipal.
Tendo en conta que o valor da venta (segundo consta na escritura) foi de 2.031.226,52 euros, e que o solar é de 587,25 m2, cunha edificabilidade de 7.400 m2, isto representa un valor de 3.458,88 euros/m2 e de 274,5 euros/m2 edificábel.
O BNG reclama sancións para a promotora
Ante estes feitos, o Grupo Municipal do BNG propón que o Goberno municipal incoe de inmediato expediente sancionador á promotora, en base ao incumprimento de prazos de alta edificación (art.217.3.e da LOUG, falta grave, con até 60.000 euros de sanción).
Artículo 217. Tipificación de las infracciones urbanísticas.
3. Son infracciones graves:
a) Las acciones y omisiones que constituyan incumplimiento de las normas relativas a parcelaciones, aprovechamiento urbanístico, uso del suelo, altura y número de plantas, superficie y volumen máximo edificables, emplazamiento de las edificaciones, distancias mínimas de separación a lindes y otros elementos y ocupación permitida de la superficie de las parcelas o de habitabilidad de las viviendas, cuando no tengan el carácter de muy graves.
b) El incumplimiento de las condiciones de uso y edificación establecidas en la presente Ley para el suelo rústico y el suelo de núcleo rural y la realización de actividades sin la preceptiva autorización de la Comunidad Autónoma, cuando ésta sea exigible de acuerdo con esta Ley, o incumpliendo sus condiciones.
c) El incumplimiento de la orden de corte de suministro de los servicios de agua, electricidad y otros.
d) El incumplimiento del régimen establecido por la presente Ley para las edificaciones fuera de ordenación y para las edificaciones ilegales a que hace referencia el artículo 210.
e) El incumplimiento de los deberes de urbanización y edificación en los plazos establecidos por el plan
O BNG pide incorporar o solar ao Rexistro de Solares e proceder a súa expropiación
Ademais, os nacionalistas propoñen que o Concello incoe expediente para incorporar o solar ao Rexistro de Solares e proceder, entón, á súa expropiación con destino ao Patrimonio Municipal do Solo, tal e como estabelece a vixente Ordenanza Municipal de Rehabilitación no seu art. 68 (aprobada por unanimidade).
Artículo 68. Registro de solares y edificios a rehabilitar
1. El Registro municipal de solares y edificios a rehabilitar tiene carácter público y está constituido por cuantos solares, edificios, construcciones e instalaciones se incluyan en el mismo por resolución administrativa.
2. En el Registro municipal de solares y edificios a rehabilitar del Ayuntamiento se incluirán los solares no edificados y las construcciones en ruina, paralizadas, inadecuadas o con órdenes de rehabilitación, una vez transcurridos los plazos de inicio o finalización de la edificación o rehabilitación establecidos en el Artículo 65
3. En los mismos casos establecidos en el apartado anterior, el Ayuntamiento podrá expropiar los solares o construcciones por incumplimiento del deber de edificar o de la función social de la propiedad, conforme a lo establecido en la legislación urbanística, previa tramitación del oportuno expediente.
O BNG esixe facer público o resultado da Comisión de Investigación, caia quen caia
Por último, o Grupo Municipal do BNG esíxelle ao Goberno do Sr. Negreira que faga público dunha vez o resultado da Comisión de Investigación sobre Someso, caia quen caia. Nesta liña, os nacionalistas pregúntanse que ten que ocultar o Goberno municipal para non dar a coñecer o resultado e por que non lle interesa sacalo á luz.