Bravo alégrase de que o PP valore tan positivamente as políticas do BNG no Concello de Pontevedra

Bravo alégrase de que o PP valore tan positivamente as políticas do BNG no Concello de Pontevedra

A Coruña, 25 de abril de 2013.- A concelleira do BNG, María Xosé Bravo, manifestou a súa alegría por que o Goberno municipal valore tan positivamente as iniciativas do BNG no Concello de Pontevedra que chega a plaxialas para a cidade da Coruña.

Trátase dunha iniciativa que xa puxo en marcha o BNG no Concello de Pontevedra, como parte dunhas políticas de mobilidade de longo percorrido para transformar a cidade nun lugar para a convivencia entre peóns e coches e que foron recoñecidas e premiadas internacionalmente. Alén disto, tamén o BNG no Concello de Carballo recentemente presentou publicamente un programa de características semellantes.

A nacionalista considera que o Goberno do Sr. Negreira debería tomar nota tamén doutras políticas alternativas levadas a cabo polo BNG no Concello de Pontevedra como o pagamento da extra ás funcionarias e aos funcionarios.

 

 

Bravo alégrase de que o PP valore tan positivamente as políticas do BNG no Concello de Pontevedra