O BNG xa lle advertira ao Goberno municipal sobre os aparcadoiros do Conde de Fenosa
A Coruña, 1 de marzo de 2013.- O Grupo Municipal do BNG xa advertira, no seu día, de que eximir o Conde de Fenosa da Dotación de aparcadoiro esixíbel non era a vía para a solución do conflito. Precisamente, as nacionalistas presentaran, con data do 09.10.2012, un recurso de reposicion (achégase xunto a nota de prensa) contra o acordo da Xunta de Goberno Local de 05.10.2012 polo que se acordou aprobar a non esixencia da dotación de aparcadoiro a este edificio, así como un escrito remitido ao alcalde (achégase xunto a nota). O recurso desestimouse o 02.11.2012 en Xunta de Goberno e na fundamentación xurídica da desestimación (que tamén se achega) sinalábase que o acordo non tiña que ver coa execución da sentenza.
O recurso do Grupo Municipal do BNG explicaba que o acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local vulneraba flagrantemente, e de xeito fraudulento, a normativa urbanística vixente (PXOM de 1998) e que era contraria á sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza de 20.12.2001 (achégase xunto a nota). Así, e como se expón no recurso de reposición, o PXOM de 1998 si prevé, expresamente, a dotación das prazas de aparcadoiro nas obras de rehabilitación integral como as executadas no edificio Conde de Fenosa, dado que ao tratarse de obras de rehabilitación-reestruturación xeral (rehabilitación integral) a esixencia dotacional é a mesma que para os edificios de nova planta.
No que respecta á sentenza do TSXG de 20.12.2001, o Grupo Municipal do BNG xa recollera no recurso extractos do propio fallo en que se di que no puede ser aceptado el argumento de que en las rehabilitaciones no se exige su dotación ou que no hay nada en el expediente sobre que concurran circunstancias especiales en la zona, o en el tráfico que por ella discurre, para eximir de la obligación de contar con aparcamiento.
Ademais de presentar o recurso de reposición, as nacionalistas, tamén lle achegaran ao alcalde, por rexistro, un escrito para incorporar no expediente sobre a execución da sentenza do TSXG de 10.12.2001 en que afirmaba que o acordo municipal non ten máis obxecto que eludir os efectos da sentenza e aprobar un acordo que vai radicalmente en contra dos pronunciamentos e fundamentos da mesma.