O BNG súmase á CIG na xornada de mobilizacións contra o TTIP
A Coruña, 17 de abril de 2015.- O BNG da comarca da Coruña súmase á CIG, membro da Plataforma Europea Alter Summit, na xornada de mobilizacións xerais e simultáneas que se desenvolverán en Europa e América do norte mañá, día 18 de abril. Desta maneira, o BNG participará na concentración convocada para as 12h diante da Subdelegación do Goberno contra os diferentes tratados que están a negociar a UE e os EUA, entre eles o TTIP (Tratado Transatlántico de Comercio e Investimentos) e o CETA (Acordo Económico de Comercio Global).
O BNG sinala que estes tratados, se chegan a aprobarse, suporán un golpe brutal á soberanía dos estados, ao quedar esta supeditada aos intereses e beneficios das empresas multinacionais. Advirte a formación nacionalista de que o TTIP e o CETA provocarán un retroceso sen precedentes nos nosos dereitos económicos, sociais e ambientais máis elementais.