O BNG solicita a limpeza dos bancos de Orillamar, á altura de Santo Amaro

O BNG solicita a limpeza dos bancos de Orillamar, á altura de Santo Amaro

A Coruña, 31 outubro de 2014- O Grupo Municipal do BNG solicítalle ao Goberno do Sr. Negreira que acometa a limpeza dos bancos da rúa Orillamar situados á altura do cemiterio de Santo Amaro. Trátase dun mobiliario urbano que, de estar en boas condicións de limpeza, serviría para que descansasen as persoas maiores ou doentes que acoden ao centro de saúde da Torre ou as que visitan o cemiterio.

A sucidade destes bancos é tal que están completamente inservíbeis, de modo que impide que as persoas poidan sentarse neles. Coincidindo coa grande afluencia de xente que estes días visita os camposantos, o Grupo Municipal do BNG exíxelle ao Goberno do Sr. Negreira a máxima premura na limpeza deste mobiliario urbano.

 

O BNG solicita a limpeza dos bancos de Orillamar, á altura de Santo Amaro