O BNG pregúntalle ao Goberno local que vai facer co aparcadoiro do Ágora
A Coruña, 30 novembro de 2014- O Grupo Municipal do BNG presentou unha pregunta para a resposta escrita co fin de coñecer cales son as previsións do Goberno do Sr. Negreira para o aparcadoiro dos baixos do Ágora, que permanece pechado ao uso desde que se inaugurou o centro sociocultural.
As nacionalistas queren saber pola situación do aparcadoiro na actualidade, se algunha vez se fixo uso del e por que agora non se permite estacionar fronte á súa porta (cando até non hai moito permitíase). Engaden que o Goberno local non só non abriu o aparcadoiro, senón que colocou un novo sinal que prohibe o estacionamento e que provocou que varias persoas usuarias foran multadas.