O BNG pídelle, unha vez máis, ao Goberno municipal, prudencia e cautela sobre Someso
A Coruña, 19 de outubro de 2012.- O Grupo Municipal do BNG insiste en reclamarlle ao Goberno do Sr. Negreira "prudencia" e "cautela" diante das sentenzas que denegan a reversión de parcelas en Someso, despois de que o Goberno municipal aínda presumira, de novo, esta mañá de "frear a sangría de indemnizacións". Máxime por se trataren de sentenzas que confirman a legalidade do acordo da Xunta de Goberno Local de 05.01.2010 (en que se denegaba o dereito a reversión) tan criticado polo Sr. Negreira na oposición, cualificando este acordo da Xunta de Goberno Local (agora declarado legal como Xulgado) como "resolución injusta a sabiendas y esto es el tipo de delito que se llama prevaricación".
Hai que ser conscientes, din os nacionalistas, de que as sentenzas do Xulgado do Contencioso número 3 non son firmes e que existen varias sentenzas do TSXG polas que se revocaron anteriores pronunciamentos do Xulgado e ordenaban a reversión dos terreos, razón pola que os particulares afectados poden recorrer as sentenzas do xulgado que non lles dan a razón agora.
Ademais, os nacionalistas queren lembrar que, no suposto de que o TSXG confirme as recentes sentenzas do Xulgado do Contencioso número 3 en base á nova documentación achegada ao expediente xudicial (confirmando o acordo da Xunta de Goberno Local de 05.01.2010 e denegando os recursos dos particulares afectados), o Concello podería interpoñer posteriormente o recurso de revisión do artigo 102 da Lei da Xurisdición do Contencioso-Administrativo contra das sentenzas firmes anteriores (as que ordenan a reversión e que deron lugar ás indemnizacións millonarias), e caso de ser estimado este recurso procedería a devolución das indemnizacións cobradas polos reversionistas.
O Artigo 102 da Lei 29/1998, da Xurisdición Contencioso-Administrativo, di que "Habrá lugar a la revisión de una sentencia firme:
a) Si después de pronunciada se recobraren documentos decisivos, no aportados por causa de fuerza mayor o por obra de la parte en cuyo favor se hubiere dictado.
b) Si hubiere recaído en virtud de documentos que, al tiempo de dictarse aquélla, ignoraba una de las partes haber sido reconocidos y declarados falsos o cuya falsedad se reconociese o declarase después.
Si habiéndose dictado en virtud de prueba testifical, los testigos hubieren sido condenados por falso testimonio dado en las declaraciones que sirvieron de fundamento a la sentencia.
Si se hubiere dictado sentencia en virtud de cohecho, prevaricación, violencia u otra maquinación fraudulenta".
Por último, os nacionalistas non deixan de sorprenderse de que o Goberno municipal siga a tapar as responsabilidades e beneficiarios da recalificación de Someso, que non son outros que os grandes promotores que, despois de facer caixa e obter beneficios millonarios coa recalificación, pechan agora a súas empresas.