O BNG pedirá en Pleno que o Concello se persone contra Paco Vázquez polas irregularidades en Someso

O BNG pedirá en Pleno que o Concello se persone contra Paco Vázquez polas irregularidades en Someso

A Coruña, 26 de abril de 2013.- Visto que o Goberno Local só vai limitar a súa actuación a remitir a documentación que se lle requira desde o xulgado, evitando calquera outro tipo de actuación que poida incomodar o seu amigo Paco Vázquez e as grandes construtoras beneficiadas polas irregularidades de Someso, o Grupo Municipal do BNG vai solicitar, a través dunha moción que presentará no pleno do día 6 de de maio, que o Pleno da Corporación Municipal exixa ao Goberno do sr. Negreira que o Concello da Coruña compareza como acusación particular contra Francisco Vázquez.

E é que as nacionalistas afirman que se o Goberno Local quere depurar todas as irregularidades en Someso, logo de que o Xulgado de Instrución número 3 da Coruña abrise dilixencias penais contra o exalcalde Francisco Vázquez, o Concello da Coruña debería presentarse como acusación particular, especialmente logo de ter presentado un escrito no Ministerio Fiscal por entender que había indicios de delito, que foi rexeitado por terse presentado incorrectamente desde o punto de vista legal, ao non tipificar os delitos asociados e non concretar as persoas responsábeis.

 

 

O BNG pedirá en Pleno que o Concello se persone contra Paco Vázquez polas irregularidades en Someso