O BNG reivindica o heroicismo e dignidade dos mártires de Carral
A Coruña, 27 de abril de 2013.- O Bloque Nacionalista Galego celebra mañá, domingo, en Carral, un acto político de conmemoración da data histórica do 26 de abril de 1846, día en que fusilaron en os denominados mártires da liberdade, nun levantamento que foi un fito na conformación histórica da Galiza actual. O acto, de carácter nacional, comezará ás 12.30h, e contará coa participación do portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, da membro do Consello Nacional, Vitoria Louro, e da membro de Galiza Nova da Coruña, Alba Sánchez.
O BNG ten a vontade de facer deste acto unha cita anual ineludíbel co fin de recuperar a nosa historia roubada e para proxectar no presente o heroísmo, a dignidade e o sacrificio de pasadas xeracións, que deron a súa vida pola liberdade de Galiza. Hoxe, como en 1846, Galiza segue a ser unha colonia, desta vez, ao servizo dos mercados e das decisións políticas que se adoptan polo Estado español e que provocan efectos devastadores no pobo galego.
Hoxe, como hai 167 anos, as nacionalistas reivindican soberanía, capacidade para decidir, para organizar vida e para pór o país a funcionar, a producir e a xerar riqueza e emprego. Por iso, o BNG apelará mañá en Carral a construír conciencia nacional.