O BNG alerta do servizo penoso que está a prestar a adxudicataria da axuda a domicilio
A Coruña, 21 de agosto de 2013.- A concelleira do BNG María Xosé Bravo advertiu en rolda de prensa do servizo penoso que está a prestar INGESAN, a empresa adxudicataria da axuda a domicilio no Concello da Coruña por 1,5 millóns de euros, unha empresa que aos 18 días de comezar a prestar este servizo despediu 5 das 7 coordinadoras que tiña a obriga de subrogar, tal e como recollía o prego de condicións. A edila nacionalista, que evidenciou os incumprimentos clamorosos da adxudicataria tanto respecto das condicións laborais das traballadoras como da proposta técnica presentada, advertiu de que o Goberno municipal non pode mirar cara outro lado cando unha adxudicataria que lle custa ao Concello 1.500.000 euros cada ano está a infrinxir o recollido no prego de cláusulas.
María Xosé Bravo, que compareceu perante a prensa con 3 das traballadoras sociais despedidas, sinalou que despois de botar á rúa 5 coordinadoras, ás que a empresa lles ofreceu que for un despido improcedente, foron contratadas 3 persoas para desenvolveren esas tarefas de coordinación e 2 destas 3 traballadoras, contratadas por 3 e 6 meses, xa foron despedidas.
A concelleira do BNG expuxo que a resolución do 3 de maio de 2013 que lle adxudica o servizo de axuda a domicilio a INGESAN recolle que el contrato se regirá por lo establecido en el pliego de cláusulas administrativas particulares y técnicas regulador de la licitación y por lo consignado por el adjudicatario en su proposición e apunta que o o responsábel do contrato será o xefe de Servizo de Servizos Sociais, que será el responsable de supervisar y vigilar el cumplimiento del mismo, proponer al órgano de contratación la imposición de sanciones y penalidades y resolver las incidencias en su ejecución.
Neste contexto, María Xosé Bravo denunciou que, malia ter a obriga de facelo, a empresa nin sequera lle comunicou ao Concello o despedimento de 5 das 7 persoas que realizaban os labores de coordinación e que non estña cumpre o consignado na súa proposta técnica, proposta pola que consegue a mellor puntuación. De feito, no apartado de política de persoal, INGESAN recollía promoverase a ocupación estábel e de calidade para o cal se subrogará o cadro de persoal e no caso de novas contratacións optarase sempre polo contrato de carácter indefinido (páx 16 e 17), cando as contratacións realizadas despois dos despedimentos son de carácter temporal. Ademais, sinalou que neste mesmo apartado de política de persoal indícase que este proceso realizarase de forma consensuada cos responsábeis municipais, as persoas implicadas e os representantes dos traballadores e todo iso nun marco de paz social.
Malia que a lei indica que debe haber como mínimo 4 traballadoras sociais por 500 persoas usuarias, agora mesmo hai só 3 traballadoras sociais
Ademais, María Xosé Bravo puxo de manifesto que a adxudicataria incumpre a propia lei, xa que para atender 500 persoas precisaríanse, como mínimo, 4 traballadoras sociais e neste momento só se conta con 3. Outros dos incumprimentos son as reunións semanais cos técnicos municipais e as coordinadoras, o control de presenza e puntualidade das auxiliares mediante a aplicación GEDAS PLUS MOBILE, aplicación que non existe, e o coche con dedicación exclusiva al contrato, que tampouco existe. Tanto é así que existen persoas á espera de axudas técnicas (una cama ortopédica) que está neste momento na cada dunha persoa falecida pero non existe maneira de dispor dun transporte, salientou unha das traballadoras despedidas.
Por todo isto, esixímoslle ao Goberno municipal que cumpra coas súas obrigas e impoña as sancións pertinentes pero, sobre todo, que adopte unha solución tendo en conta que esta adxudicataria desenvolve un traballo con persoas dependentes ou con moitas dificultades, sinalou. O Goberno do Sr. Negreira pode e debe facelo baseándose no prego de cláusulas administrativas, engadiu. De feito, explicou que o prego recolle como infraccións graves as acciones u omisiones que alteren la regularidad en la prestación del servicio, a deficiente realización de las labores de gestión del servicio, a ejecución incorrecta de las tareas debido al desinterés, ineptitud o cualquier otra causa que signifique comportamiento deficiente por parte del personal prestador de las atenciones a domicilio e a omisión del deber de comunicar situaciones que perjudican el buen desarrollo del servicio, tanto en lo que se refiere a personas usuarias, como al personal y a los medios utilizados. Teñen consideración de infraccións moi graves e darán lugar á rescisión do concerto, sen prexuízo da aplicación das sancións ás que houber lugar ao xuízo do Órgano de Contratación, todas las que supongan un incumplimiento de las condiciones del concierto o una deficiente gestión del servicio, además de las siguientes: incumplir obligaciones salariales o de seguridad social respecto a los trabajadores a emplear ou prestar incorrecta o defectuosamente el servicio, tanto en calidad como en cantidad.