PREGUNTA ORAL DE AVIA VEIRA PARA O PLENO DO 6A

Inquirimos o Goberno Local sobre os incumprimentos das súas promesas en materia de mobilidade

Avia Veira transporte urbano bus.
Avia Veira transporte urbano bus.
“Que hai da promesa da reintrodución do carril bus? Que hai da promesa da modificación parcial ou total das liñas de buses? Que hai da construción de aparcamentos disuasorios? E que hai da aprobación dunha ordenanza de mobilidade que regule o uso dos patinetes eléctricos e os vehículos de mobilidade persoal”. Estas e outras cuestións vaillas formular Avia Veira ao Goberno Local, en forma de pregunta oral, no próximo Pleno da Corporación, a se realizar o vindeiro xoves 7 de abril.
Inquirimos o Goberno Local sobre os incumprimentos das súas promesas en materia de mobilidade

“Que hai das campañas de sensibilización sobre o necesario uso do transporte público? Que hai do respecto dos dereitos dos peóns?”, inquirirá a concelleira nacionalista o Goberno Local.

“Hai moita tarefa pendente. Continuamos sen ter unha conexión adecuada vía transporte público cos centros de estudos, cos hospitais, cos polígonos industriais”, denuncia Veira.

O BNG leva estas cuestións ao Pleno porque, argúe a concelleira, “o Goberno Local carece dun proxecto de mobilidade para A Coruña” e porque “queremos saber as razóns polas que non ten cumprido as súas promesas nesta materia”.

 

Inquirimos o Goberno Local sobre os incumprimentos das súas promesas en materia de mobilidade