TRANSPARENCIA

Todas as viaxes do Goberno municipal desde o comezo de mandato...

Momento no que a nosa concelleira Avia Veira daba conta aos medios do informe elaborado
Momento no que a nosa concelleira Avia Veira daba conta aos medios do informe elaborado

Destapamos nun extenso informe os datos reais sobre as viaxes realizadas polo Goberno municipal desde principio de mandato

Entendemos que unha parte do labor do Sr. Ferreiro sexa representar á nosa cidade e polo tanto viaxar mais o que é inaceptábel é comprobar que moitas persoas do equipo de goberno viaxaron –empregando tempo e recursos públicos– en elevadas ocasións cando teñen deberes importantes cos que cumprir para coa súa concellaría e coa cidade da Coruña: trátase dunha cuestión de prioridades

Contabilizamos 196 viaxes que supoñen 341 días acumulados polo Executivo local e os seu persoal asesor fóra da Coruña e máis de 225.000 quilómetros percorridos

Tamén instamos a que se publique na páxina web, de aquí a final de mandato, todas as viaxes que realiza o Goberno municipal tomando o exemplo do Concello de Pontevedra

Todas as viaxes do Goberno municipal desde o comezo de mandato...

Vimos de facer público, nunha rolda de prensa celebrada esta mañá, un informe (podes acceder a el e descargalo aquí) onde se recollen todas as viaxes realizadas polo Goberno municipal desde comezo de mandato até a o 20 de marzo deste ano, data na que tiveron acceso aos últimos datos.

Así, vimos de contabilizar 196 viaxes, que supoñen 341 días acumulados polo Executivo local e os seu persoal asesor fóra da Coruña e máis de 225.000 quilómetros percorridos, nun extenso informe onde detallan os lugares visitados e mesmo os motivos destas viaxes.

Deste xeito, resulta incomprensíbel que estas viaxes que se realizan carezan, en moitas ocasións, dun fundamento en relación coa súa posterior aplicación ás políticas que se desenvolven na cidade ou mesmo resulta inxustificábel que as e os concelleiros e o persoal asesor, nalgún dos casos, asista a eventos ou actividades que non teñen relación coa responsabilidade que ostenta no Executivo local e no dia a día da súa acción de goberno.

infografia_viaxes_rrss

Entendemos que unha parte do labor do Sr. Ferreiro sexa e representar á nosa cidade e polo tanto viaxar mais o que é inaceptábel é comprobar que moitas persoas do equipo de goberno viaxaron –empregando tempo e recursos públicos– en elevadas ocasións cando teñen deberes importantes cos que cumprir para coa súa concellaría e coa cidade da Coruña: trátase dunha cuestión de prioridades.

Así, pódese constatar no informe que hai concelleiras e concelleiros que teñen realizado unha cantidade de viaxes e asistido a eventos que non se corresponde coa actividade municipal, coma por exemplo as chamadas reunións dos “concellos rebeldes” ou mesmo a xornadas formativas, máis propias dunha actividade privada das persoas que do cargo ou área pola que se xustifica a viaxe.

Asemade, danse circunstancias moi curiosas, como que haxa persoal asesor que fai máis viaxes que o propio concelleiro da área, ou mesmo, que ese mesmo persoal asesor fixera de xeito acumulado máis viaxes que a maioría de concelleiras e concelleiros, independentemente da área, e poñemos como exemplo as áreas de Alcaldía, que acumulan 24 viaxes, máis traslados que calquera outro concelleiro de xeito individual, ou as áreas de Medio Ambiente, que supera a 6 concelleiras e concelleiros, ou na área de Rexeneración Urbana, con 8 viaxes.

Por último, tamén instamos o Executivo a que a partir de agora faga público na páxina web do concello a axenda de viaxes, especificando datas de saída e de volta e os motivos dos mesmos, tomando exemplo do Concello de Pontevedra que ten na súa páxina web un acceso ás súas viaxes institucionais.

É por iso que animamos ao Goberno local a ser transparentes, a facilitar e a ampliar o acceso á  información e a que todas as viaxes institucionais poidan ser vistas pola veciñanza da Coruña a través da web, dun xeito parecido ao que acontece no Concello de Pontevedra. Isto, consideramos, redundaría nunha administración menos opaca e permitiría contrastar debidamente o por que dalgunha viaxe.

Sinalar que estes datos están extraídos de decretos e resolucións de Alcaldía, aos que tivemos acceso logo das convocatorias dos diferentes plenos dos dous últimos anos: uns decretos que seguen a ser opacos para o conxunto das coruñesas e coruñeses e que a Marea Atlántica prometera facer públicos na web municipal, segundo o que sinala o punto segundo do seu programa electoral.

 

A Coruña, 16 de xuño de 2017

 

Enlace para poder ver a rolda de prensa íntegra: https://www.pscp.tv/w/1nAKEBznEklGL

Todas as viaxes do Goberno municipal desde o comezo de mandato...