FEMINICIDIO

#TerrorismoMachistaNuncaMáis

Concentración hoxe diante do edificio do Concello en repulsa do último Feminicidio na nosa cidade
Concentración hoxe diante do edificio do Concello en repulsa do último Feminicidio na nosa cidade

Entedemos como prioritario e urxente que os gobernos do Estado e da Xunta de Galiza tomen todas cantas medidas sexan necesarias para acabar co terrorismo machista

A inacción política non pode ser un lastre para coas mulleres polo que esiximos a inmediata modificacións da Lei Orgánica 1/2004, de 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero, introducindo o termo Feminicidio e iniciar os traballos para desenvolver o Estatuto de Vítima de Feminicidio e da Lei galega 11/2007, do 27 de xullo, para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero para tamén incorporar a regulación do feminicidio e o estatuto de protección das vítimas do feminicidio 

Tamén queremos facer un chamamento a participar da concentración convocada polo colectivo feminista da Marcha Mundial das Mulleres para mañá, as 20.00 h no Obelisco en condena e repulsa do asasinato da ultima vítima do terrorismo machista na nosa cidade

#TerrorismoMachistaNuncaMáis

Instamos, de xeito prioritario e urxente,  tanto ao Goberno do Estado como ao Goberno da Xunta de Galiza, a que tomen todas e cantas medidas sexan necesarias para acabar co terrorismo machista.

Xa que logo entendemos que deben ser realizadas as modificacións oportunas na Lei Orgánica 1/2004, de 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero, introducindo o termo Feminicidio e iniciar os traballos para desenvolver o Estatuto de Vítima de Feminicidio.

En novembro do ano pasado, precisamente, presentabamos unha moción no Pleno do Concello, instando a esta modificación. A inacción política non pode ser un lastre para coas mulleres. Os gobernos e as administracións deben ser os primeiros implicados na erradicación do terrorismo machista e do feminicidio e non caben máis demoras para que se modifiquen cantas leis sexan precisas para que se recoñezan e protexan as vítimas.

Neste sentido, tamén demandamos a modificación da Lei galega 11/2007, do 27 de xullo, para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero para tamén incorporar a regulación do feminicidio e o estatuto de protección das vítimas do feminicidio.

A loita contra a violencia machista debe ser unha prioridade política para todos os poderes públicos, mais esta loita segue sendo insuficiente en moitos casos por limitación de recursos e orzamentos, tal e como denunciabamos diante dos xulgados a semana pasada pola falta dunha persoa substituta para o maxistrado titular do xulgado de Violencia sobre a Muller. O último asasinato de Monte Alto evidencia que o feminicidio non se toma vacacións.

Por últimofacemos un chamamento á veciñanza da Coruña a participar da concentración convocada polo colectivo feminista da Marcha Mundial das Mulleres para mañá, as 20.00 h no Obelisco en condena e repulsa do asasinato da última vítima do terrorismo machista na nosa cidade.

 

A Coruña, 22 de agosto de 2017.

 

Noticias relacionadas.

#TerrorismoMachistaNuncaMáis