ESPOLIO DA CIDADE

Os terreos do Campo da Estrada deben ser devoltos sen contraprestacións

Manifestación en 2016 na que se demandaba a devolución gratuíta dos terreos da Maestranza
Manifestación en 2016 na que se demandaba a devolución gratuíta dos terreos da Maestranza

Avalaremos a «Mesa Técnica» da Maestranza só no caso de que esta sirva para a devolución gratuíta das parcelas do Campo da Estrada

Os terreos do Campo da Estrada que o Ministerio de Defensa sacou á venda eran e son terreos comunais, é dicir da cidade, ocupados polas monarquías absolutistas para instalacións militares defensivas e en usufruto polo Ministerio da Guerra, hoxe Ministerio de Defensa, e están situados “entremurallas”, no ámbito de protección de Bens de Interese Cultural (BIC), de altísimo valor patrimonial

A oferta do Goberno da Marea “doutras propiedades” a cambio das parcelas da Maestranza é inxustificada, ademais de dar a entender que se incumprirá a vontade popular expresada coa consulta realizada pola veciñanza da Cidade Vella e pola Cadeco, en maio deste ano, que tivo unha participación de 449 persoas, e na que o 97,1% votou estar a favor coa devolución gratuíta dos terreos ao concello para que foran destinados a zona verde e equipamentos públicos

As mesmas mocións e iniciativas que se teñen aprobado durante este mandato, por certo presentadas polo BNG e pola Comisión Aberta en Defensa do Común, e que serviron como argumento para aplicar a moratoria de venda deses terreos durante una ano aprobada na Xunta de Goberno da semana pasada tamén recollían instar o Concello da Coruña a solicitar do Ministerio de Defensa a devolución gratuíta dos terreos do Campo da Estrada: o Concello da Coruña non pode ser cómplice do «mercadeo» e da especulación urbanística coa que veu actuando Defensa a respecto dos terreos da nosa cidade, polo que calquera mesa de negociación que se constitúa deberá resolver que todos estes espazos, sen contraprestación algunha, volvan a formar parte do Concello e que se poidan empregar para o seu uso veciñal

Os terreos do Campo da Estrada deben ser devoltos sen contraprestacións

Logo da reunión mantida onte entre responsábeis do Ministerio xunto co alcalde da Coruña e o titular da Área de Rexeneración Urbana e o titular da Área de Emprego e Economía Social, avalaremos a constitución dunha “mesa técnica” para analizar o futuro dos terreos do Campo da Estrada se esta, unicamente, entende como obxectivo a devolución de balde á cidade de todas as parcelas do Campo da Estrada.

Entendemos que a constitución desta “mesa” só pode resolver a devolución gratuíta dos terreos que foron obxecto de especulación económica durante as últimas décadas, e preocúpanos que, en ningún momento, segundo as informacións periodísticas, o Goberno municipal formulara isto ao Ministerio de Defensa, algo que incumpriría deliberadamente os acordos tomados en pleno, xa que logo en todo momento, e de forma moi contundente, se exixiu que eses terreos se devolveran á cidade da Coruña de balde.

Neste sentido, é inxustificada a oferta realizada polo Goberno municipal da Marea Atlántica ao Ministerio de Defensa pola cal se ofrecen outras propiedades e usos noutros terreos, hoxe en día propiedade municipal, a cambio destas parcelas do Campo da Estrada e a Maestranza, e que suman máis de 29.200 metros cadrados.

Terreos da Maestranza antes do seu valado polo Ministerio de Defensa

Os terreos do Campo da Estrada que o Ministerio de Defensa sacou á venda eran e son terreos comunais, é dicir da cidade, ocupados polas monarquías absolutistas para instalacións militares defensivas e en usufruto polo Ministerio da Guerra, hoxe de Defensa, e están situados “entremurallas”, no ámbito de protección de Bens de Interese Cultural (BIC), de altísimo valor patrimonial.

Estes terreos forman parte do común, do sistema defensivo da Praza Forte da Coruña e en tanto que terreos do común, son bens propios, pertencentes á cidade desde a súa fundación. Por tanto cómpre demandar a súa devolución sen contraprestación algunha ou a conta do actual patrimonio municipal. Entendemos que sería desastroso propoñer calquera «intercambio de cromos» cando o que debería facer é ser contundente e ter unha posición de firmeza, e de defensa da cidade.

Do mesmo xeito, cabe lembrar a inequívoca vontade popular expresada coa consulta realizada en maio deste ano pola veciñanza da Cidade Vella e pola Cadeco, que tivo unha participación de 449 persoas, e na que o 97,1% votou estar a favor coa devolución gratuíta dos terreos ao concello para que foran destinados a zona verde e equipamentos públicos.

As mesmas mocións e iniciativas que se teñen aprobado durante este mandato, por certo presentadas polo BNG e pola Comisión Aberta en Defensa do Común, e que serviron como argumento para aplicar a moratoria de venda deses terreos durante una ano aprobada na Xunta de Goberno da semana pasada tamén recollían instar o Concello da Coruña a solicitar do Ministerio de Defensa a devolución gratuíta dos terreos do Campo da Estrada: o Concello da Coruña non pode ser cómplice do «mercadeo» e da especulación urbanística coa que veu actuando Defensa a respecto dos terreos da nosa cidade, polo que calquera mesa de negociación que se constitúa deberá resolver que todos estes espazos, sen contraprestación algunha, volvan a formar parte do Concello e que se poidan empregar para o seu uso veciñal.

A Coruña, 16 de outubro de 2018.

Os terreos do Campo da Estrada deben ser devoltos sen contraprestacións