Segue pendente eliminar o copago na Atención a Domicilio

servizos sanitarios Coruña. Hospital. Medicina

A área de Xustiza Social e Coidados segue sen artellar unha alternativa para as familias.

Segue pendente eliminar o copago na Atención a Domicilio

Lembrámoslle ao Goberno da Marea Atlántica o seu compromiso adquirido para os orzamentos de 2017, e que logo se materializou no moficativo M3/2017, a través da emenda presentada por nós mesmos, que supoñía destinar 250.000 euros para evitar o copago na axuda a domicilio.

Deste xeito, volvemos a formular a necesidade de que se establezan os mecanismos necesarios desde a administración local para que se elimine as taxas que se veñen aplicando para os servizos de coidados, logo de se publicar este martes pasado no BOP o calendario de ingresos voluntarios pola prestación do servizo de axuda a domicilio.

20180926_m3_2017

Neste sentido, desde a Área de Xustiza Social e Coidados séguese sen artellar unha alternativa para as familias, ou canto menos establecer un procedemento que contemplase as axudas necesarias para que estas puideran beneficiarse do servizo e que este non supuxera unha carga.

O Executivo da Marea comprometeuse reiteradamente a crear mecanismos de axuda para eliminar o copago. Porén, outro ano mais, queda claro que esta actuación non se contempla, ou canto menos, non se pensa valorar para o exercicio de 2018. Desde logo a credibilidade da Marea Atlántica a respecto dos anuncios que realiza é nula; e os compromisos que adquire, papel mollado. Malia isto, desde o BNG cremos e reiteramos que non se lle pode cobrar á xente un servizo por dúas veces e seguiremos a reclamar a necesidade de eliminar o copagamento na axuda a domicilio.

A Coruña, 26 de setembro de 2018.

Segue pendente eliminar o copago na Atención a Domicilio