ENCONTRO EN MARÍA PITA
Subscribimos totalmente as reivindicacións da plataforma veciñal Fábrica de Armas sobre a Cidade das TIC
O grupo municipal do BNG mantivo esta mañá unha reunión en María Pita con representantes da plataforma veciñal Fábrica de Armas, un punto de encontro de sete entidades cívicas dos barrios e lugares próximos á futura Cidade das TIC.
"Temos que dicir que o BNG subscribe totalmente as reivindicacións e demandas da veciñanza. A Cidade das TIC non pode ser unha illa desconectada da súa contorna", afirma o portavoz do grupo municipal nacionalista, Francisco Jorquera.
"A Cidade das TIC, alén de ser un motor no proceso de reindustrialización da cidade, ten que servir tamén para dotar de equipamentos, zonas verdes e servizos públicos barrios e lugares tan desatendidos da cidade como Pedralonga, Palavea, Castro de Elviña ou Monte Mero", indica Jorquera, quen constata as coincidencias do Bloque co diagnóstico feito pola plataforma veciñal. "É moi importante", dixo, "resolver ben os problemas de conexión, de accesibilidade, e de mobilidade, privilexiando sempre as solucións do transporte público sobre o privado e causando a mínima afección posíbel á veciñanza".
"En definitiva, trátase de mellorar os servizos e os equipamentos de barrios nestes momentos moi infradotados e non de facer unha grande illa desconectada da súa contorna",