O PP quere pór o Concello ao servizo único e exclusivo do Goberno local
A Coruña, 1 de setembro de 2014.- O Grupo Municipal do BNG pon de manifesto que a provisión das once prazas de Xefaturas de Servizo polo sistema de libre designación que promove o Goberno Local (DOG de 14 de agosto e 1 de setembro) é ilegal e busca pór a administración do Concello da Coruña ao servizo único e exclusivo do Goberno Local do Partido Popular con funcionarios que actuarán non conforme o que diga a Lei senón conforme o que lle interese o Sr. Negreira.
A cuestión de inconstitucionalidade promovida polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza e admitida polo Tribunal Constitucional
Neste sentido o BNG pon de manifesto que o Goberno Local para actuar deste xeito ampárase nun artigo (artigo 30) da Lei da Función Pública de Galiza, respecto do cal o propio Tribunal Superior de Xustiza de Galiza ten formulada unha cuestión de inconstitucionalidade ante o propio Tribunal Constitucional, o cal en providencia de 10 de marzo de 2014 acordou admitir a trámite esta cuestión de inconstitucionalidade (achégase dixitalizada a providencia, anexo I).
Por tanto, o Partido Popular esta amparándose nunha Lei que está neste momento no Tribunal Constitucional, a iniciativa do propio Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, cuestionándose sobre a súa propia constitucionalidade por posíbel vulneración do artigo 23.2 da Constitución (que é o precepto relativo ao acceso á función pública en condicións de igualdade).
As anulacións dictadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza cando non hai motivada e razoada xustificación para a libre designación das xefaturas de servizo, que é o que está a facer o Goberno Local
Tamén lembran as nacionalistas que o propio Tribunal Superior de Xustiza de Galiza ten anulado o sistema de libre designación como forma de provisión das Xefaturas de Servizo cando non ten unha xustificación razoada e motivada, que é o que está a pasar nas prazas convocadas polo Goberno Local do sr. Negreira.
Así pasou no Concello de Ferrol, onde o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza ten anulada a resolución para a cobertura de posto de xefatura de servizo polo sistema de libre designación. Trátase da Senteza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza de 22 de xaneiro de 2014 (achégase dixitalizada, anexo II), onde o tribunal sinala que esta forma de provisión de puestos de trabajo no constituye la regla general o habitual, sino la excepción que, como tal, ha de ser objeto de motivada y razonada justificación, la cual en el presente caso brilla por su ausencia.
E así tamén aconteceu no Concello de Ourense, onde o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza anula tal criterio de selección de persoas para xefaturas de servizo. Trátase da recente Sentenza do TSXG de 2 de xullo de 2014 (achégase dixitalizada, anexo III), onde o tribunal sinala que habida cuenta de que en la RPT impugnada no se contiene justificación alguna para la aplicación de tal criterio de personal, sin que resulte suficiente la remisión a la previsión contenida en la modificación operada por la Ley 15/2010 en el Decreto Legislativo 1/2008 con arreglo a la cual se proveerán por Libre designación las Jefaturas de Servicio respecto de la cual esta Sala tiene planteada una cuestión de inconstitucionalidad, admitida por el T.C.- se impone acoger este motivo del recurso y anular también la RPT en relación con estos puestos de trabajo por ausencia de motivación, sin que quepa validar las determinaciones de impugnadas en base a las razones ofrecidas por la administración demandada en la contestación a la demanda, cuando las mismas debieron contenerse en la relación impugnada.