PERSOAS REFUXIADAS
Participamos da iniciativa Acampa
Queremos trasladar os nosos parabéns para cos organizadores desta iniciativa que pretendeu dar visibilidade á situación que se vive de cotiá nun campo de persoas refuxiadas
O compromiso do BNG para coas persoas refuxiadas levounos a denunciar xa en máis dunha ocasión o trato inhumano e deleznábel das autoridades europeas nestes anos para con elas. Tal e como fixo a nosa portavoz en Europa Ana Miranda en febreiro de 2016 cando visitou o campamento de Calais onde se amoreaban máis de 5.000 persoas refuxiadas a 3 horas de París, e mesmo aquí na Coruña cando solicitamos retirar a bandeira da UE dos edificios oficiais pola súa política para coas persoas refuxiadas
Participamos na inauguración da iniciativa Acampa que pretendeu dar visibilidade á situación que se vive de cotiá nun campo de persoas refuxiadas en Europa.
Deste xeito, queremos destacar o traballo das entidades que levaron este proxecto adiante, ao tempo de denunciar que as autoridades europeas e os distintos gobernos dos países que conforman a Unión Europea están a ter unha actitude deleznábel e imnominiosa a respecto do trato que se lle está a dar as miles de persoas que escapan dos conflitos bélicos e de situacións insostíbeis que existen nos seus países de orixe en África e Asia e que veñen buscando refuxio e unha vida mellor en Europa, na maioría dos casos conflitos e situacións provocadas pola intervención imperialista dos países occidentais.
O compromiso do BNG para coas persoas refuxiadas levounos a denunciar xa en máis dunha ocasión o trato inhumano e deleznábel das autoridades europeas nestes anos para con elas. Tal e como fixo a nosa portavoz en Europa Ana Miranda en febreiro de 2016 cando visitou o campamento de Calais onde se amoreaban máis de 5.000 persoas refuxiadas a 3 horas de París, visita, por certo, organizada pola Alianza Libre Europea (ALE), partido europeo no que está integrado o BNG, e que contou coa participación de eurodeputadas como a galesa Jill Evans e a nosa propia compañeira Ana.
A este respecto, lembramos as distintas denuncias que temos realizado durante os últimos anos, tanto a nivel internacional, nacional e mesmo local, a respecto dese trato inhumano das autoridade europeas, poñendo como exemplo o acto simbólico realizado na nosa cidade en marzo de 2016, nunha actividade moi semellante á realizada por Acampa, simulando na Cidade Vella tamén un campo de refuxiados, e subliñando a necesidade de “reformular toda a política internacional, porque detrás deste drama está unha política imperialista practicada tanto polos EEUU como polos países centrais da UE, e temos a obriga de reclamar unha nova orde internacional baseada no respecto polos dereitos dos pobos a vivir en paz.
Do mesmo xeito, sinalamos que imos seguir do lado do dereito das persoas, da dignidade, da igualdade e de que non se alimente unha política xenófoba e racista como a que estamos a ver que se estende por unha parte de Europa, e demanda o establecemento dunha orde internacional onde os dereitos das persoas e dos pobos a vivir en paz primen sobre os intereses do control xeoestratéxico das potencias sobre o gas ou o petróleo.
Por último, insistimos en felicitar as entidades, colectivos e persoas que organizaron este proxecto, sen non outro obxectivo que rematar coa situación que hoxe en día viven milleiros de persoas en Europa.
A Coruña, 15 de xuño de 2017.
Noticias relacionadas:
- Ana Pontón: os dereitos das persoas e dos pobos teñen que estar por riba do control xeoestratéxico
- O BNG solicita a retirada da bandeira da UE dos edificios municipais
- Miranda:"O campamento de Calais é un vertedoiro onde se amorean 5.000 refuxiad@s a 3 horas de París"
- Visita denuncia do BNG ao campo de refuxiad@s de Calais, "a xungla", reflexo da incapacidade da UE