Incrementa a contía pendente de pago medio a provedores
A Coruña, 25 de marzo de 2015.- O Bloque Nacionalista Galego manifesta que o Goberno Local debería explicar o resultado da súa famosa xestión eficaz e eficiente da que tanto alardea despois da información do incremento do período do pago medio a provedores e do incremento da cuantía pendente de pago que vén de publicar o Ministerio Hacienda y Administraciones Públicas.
O período de pago medio a provedores do Concello da Coruña acrecéntase no mes de xaneiro de 2015 en 15,7 días respecto do mes de decembro de 2014, cáseque un incremento dun 98%. Así pásase dos 16,06 días de promedio do mes de decembro aos 31,76 días do mes de xaneiro. A cuantía pendente de pago acrecéntase no mes de xaneiro de 2015 en 2.023.348,24 euros respecto do mes de decembro de 2014, que xa era moi elevada, pasando de 19.227.623,87 millóns de euros a 21.250.972,11 millóns de euros.
O BNG sinala que até o propio Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas repara neste incremento do importe dos pagos pendentes do Concello da Coruña na súa propioa nota de prensa emitida no día de onte.