O BNG propón que as liñas de autobús tamén transcorran pola Terceira Rolda
A Coruña, 25 de marzo de 2015.- O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego propón que as liñas de autobús tamén poidan transcorrer pola Terceira Rolda, recentemente inaugurada. Esta vía, sinalan as nacionalistas, conecta puntos da cidade moi populosos como Novo Mesoiro e a zona próxima aos Rosales co polígono de Pocomaco con numerosos centros de traballo-, un tramo que podería unirse a través do transporte colectivo urbano de maneira áxil.
O Bloque salienta que esta nova vía podería servir para reformular a maneira de moverse pola cidade, comezando a priorizar o transporte colectivo urbano fronte ao vehículo privado. Deste xeito, a Terceira Rolda non sería empregada como unha vía equivalente a Alfonso Molina, onde se prima a mobilidade de coches fronte ao transporte público colectivo.
En relación a esta proposta, o Grupo Municipal do BNG lamenta que o Plan de Mobilidade Urbana Sustentábel (PMUS) non contemple esta posibilidade e que só se refira á Terceira Rolda como unha vía para o transporte privado.