EMALCSA

Que hai detrás do transvase de augas entre As Encrobas-Meirama e Cecebre?

Imaxe aérea actual do lago das Encrobas desde a que se quere facer o transvase da auga
Imaxe aérea da lagoa das Encrobas (Meirama) desde a que se quere facer o transvase da auga

Non avalaremos o transvase desde o lago das Encrobas-Meirama a Cecebre sen un estudo integral e rigoroso das consecuencias tanto na poboación como nas áreas naturais afectadas pola obra

Non existen informes minuciosos sobre a calidade das augas e a súa idoneidade para o seu consumo, pois preténdese facer un transvase de auga para consumo humano desde unha mina

Lembramos que non se realizou aínda ningún traballo que analizara polo miúdo os impactos que puidera ter unha obra destas características no Río Barcés e nos seus afluentes e o impacto ambiental por afectar directamente a obra a un LIC de Rede Natura, ou que se achegara un estudio serio sobre as necesidades de auga na área metropolitana da Coruña e as múltiples actuacións que se deberían adoptar xunto cunha cronoloxía coa evolución da poboación nos Concellos que se abastecen do encoro de Cecebre, tal e como xa advertíamos en 2013 nas nosas alegacións ao chamado Proxecto de construción abastecemento da Área Metropolítana a partir do lago artificial da central de Meirama. Concellos de Cerceda e Carral

A día de hoxe non existen ningún informe rigoroso que sinale o beneficio público desta obra para o conxunto da comarca. O único que sabemos é que hai empresas altamente interesadas e que se beneficiarán coa súa execución, algo que denunciamos xa hai catro anos

Que hai detrás do transvase de augas entre As Encrobas-Meirama e Cecebre?

Non avalaremos o transvase As Encrobas-Meirama Cecebre sen un estudo integral e rigoroso das consecuencias, tanto na poboación como nas áreas naturais afectadas pola obra.

Lembramos que a proposta, ante as informacións aparecidas nestes días sobre a posíbel execución do transvase de augas como alternativa á seca que nestas ultimas semanas está a afectar á comarca da Coruña, xa fora posta enriba da mesa xa hai catro anos coma unha posibilidade e que, daquela, houbera unha importante contestación.

Recordamos que tanto a calidade das augas para o consumo humano, obxecto do transvase, así como a afectación ao entorno natural, non estaban, a aquela altura (e aínda hoxe) suficientemente estudadas e non se realizaron os informes necesarios que garantiran, no primeiro caso, a súa salubridade e, no segundo, o impacto aos espazos protexidos e as especies catalogadas da zona LIC (Lugar de Importancia Comunitaria) da Rede Natura da contorna da actuación.

Foto panorámica do encoro de Cecebre

Non existen informes minuciosos sobre a calidade das augas e a súa idoneidade para o seu consumo, pois preténdese facer un transvase de auga para consumo humano desde unha mina. Tampouco se realizou traballo algún no que se analizara polo miúdo os impactos que puidera ter unha obra destas características no Río Barcés e nos seus afluentes e o impacto ambiental por afectar directamente a obra a un LIC de Rede Natura, ou que se achegara un estudio serio sobre as necesidades de auga na área metropolitana da Coruña e as múltiples actuacións que se deberían adoptar xunto cunha cronoloxía coa evolución da poboación nos Concellos que se abastecen do encoro de Cecebre, tal e como xa advertíamos en 2013 nas nosas alegacións ao chamado Proxecto de construción abastecemento da Área Metropolítana a partir do lago artificial da central de Meirama. Concellos de Cerceda e Carral.

Asemade, tamén lembramos quwe naquel momento foran agochadas deliberadamente as implicacións empresariais e a quen beneficiaba a obra que se pretendía realizar, ocultándose de xeito reiterado as relacións entre membros do PP e a empresa participante, polo que volver a poñer enriba da mesa unha proposta destas características, na que ten que intervir unha empresa municipal, neste caso EMALCSA, e sen aclararse os intereses económicos derivados e a contía dos investimentos que o Concello da Coruña ten que achegar resultaría, canto menos, inxustificábel e improcedente.

Queremos que se informe do proveito da construción da obra e que empresas e administracións estarían implicadas. Cremos que non fai falla lembrar quen saía beneficiado no proxecto formulado hai 4 anos e como se tentou agochar toda a información referente á empresas que saían favorecidas pola execución da obra.

A Coruña, 16 de novembro de 2017.

Que hai detrás do transvase de augas entre As Encrobas-Meirama e Cecebre?