O BNG COMEZA UNHA XEIRA DE CONTACTOS CON COLECTIVOS VECIÑAIS

En Feáns para coñecermos as demandas da veciñanza

Encontro en Feáns
Un momento do encontro coa Asociación de Veciñxs.

O grupo municipal do BNG mantivo esta mañá un encontro en Feáns, no seu Centro Cívico, con representantes da Asociación de Veciños para abordar as necesidades deste núcleo de poboación.

En Feáns para coñecermos as demandas da veciñanza

Após o encontro, Francisco Jorquera e Avia Veira fixeron un percorrido por unha zona que constitúe un claro exemplo de enclave rural na periferia da cidade. "Feáns ten un extraordinario potencial se pon en valor os seus enormes recursos. Está a carón dun río, está cheo de hortas e de bosques. Só cómpre que desde as administracións, a comezar desde o concello, se lle preste a atención que merece, dotando este núcleo dos equipamentos básicos para construír comunidade. Feáns ten todo para ser un espazo referencial na Coruña", afirma Francisco Jorquera.

Feans1Ter unha maior facilidade de acceso horario ao polideportivo de Mesoiro, a dotación dunha cuberta no patio da Escola Manuel Murguía, a restauración dun local veciñal que se acha en mal estado e a mellora das instalacións do Centro Cívico -ben como a limpeza do Río Mesoiro e o acondicionamento de diversos camiños veciñais- son algunhas das demandas que os representantes da Asociación de Veciños lles trasladaron ao grupo municipal do BNG e que este á súa vez levará ao palacio de María Pita.

 

FeansCon este encontro en Feáns dá comezo unha xeira de contactos do grupo municipal do BNG con distintos colectivos veciñais que se realizarán durante os próximos días e que, do punto de vista da formación nacionalista, teñen como propósito coñecer de primeira man as necesidades, problemas e demandas dos distintos barrios e núcleos de poboación da cidade.

En Feáns para coñecermos as demandas da veciñanza