O «exitoso» proceso de "A porta aberta"
A Coruña, 19 de xaneiro de 2016.- O Grupo Municipal do BNG salienta, ironizando, o exitoso proceso de A Porta Aberta grazas ao cal o Goberno da Marea Atlántica concluiu que hai que ampliar o número de distritos na cidade a máis de dous, os que estabelece o Regulamento Orgánico de Participación Cidadá vixente na cidade.
O BNG salienta o exitoso proceso de A porta aberta grazas ao cal o Goberno da Marea Atlántica concluiu que hai que ampliar o número de distritos na cidade a máis de dous
Logo de tres meses desde que remataran os encontros nos barrios, o último o 28 de outubro, no Centro Cívico dos Rosales, a concelleira de Participación, en declaracións aos medios, esta mañá, no canto de facer públicas as conclusións do proceso e a proposta do Goberno municipal, tan só foi quen de explicar que, segundo a veciñanza, existen duascentas entidades poboacionais mais que aínda non ten unha proposta de distritos elaborada.
Logo de tres meses desde que remataran os encontros nos barrios, a concelleira de Participación, en declaracións aos medios, tan só é quen de explicar que, segundo a veciñanza, existen 200 entidades poboacionais na cidade e que o Goberno aínda non ten unha proposta de distritos elaborada
O que aclarou o Goberno local é que haberá máis de dous distritos, é dicir, os que estabelece o actual ROPC co cal o Goberno local está como ao comezo, no punto de partida de setembro cando xa se manifestaba que os distritos terian que ser máis que os que xa estaban determinados no regulamento, sinala Avia Veira.
Así mesmo, as nacionalistas lémbranlle ao Goberno local que para ampliar e mudar a configuración dos distritos é preciso modificar o Regulamento Orgánico de Participación Cidadá, cuxa comisión acordouse crear no acordo de organización asinado en xullo polos catro grupos políticos e que aínda non foi convocada.
As nacionalistas lémbranlle ao Goberno local que para ampliar e mudar a configuración dos distritos é preciso modificar o Regulamento Orgánico de Participación Cidadá, cuxa comisión acordouse crear no acordo de organización asinado en xullo de 2015 e que aínda non foi convocada
Neste sentido, o BNG da Coruña considera que cómpre ter presente que o actual Regulamento Orgánico de Participación Cidadá foi aprobado en 2005 polo alcalde Paco Vázquez, ao abeiro da chamada Lei de grandes cidades. As nacionalistas apuntan que este regulamento, que foi moi contestado socialmente no seu momento, contén órganos como o Consello Social Coruñés que serían elixidos de xeito tan demócratico como que son nomeados directamente polo propio alcade da cidade.
Para concluír, o Bloque manifesta que é preciso mudar o actual regulamento de participación cidadá máis aló da configuración de novos distritos e que cómpre convocar a Comisión do Regulamento de Participación Cidadá, que aínda non foi nin constituída.