UNHA INICIATIVA DE FRANCISCO JORQUERA

Unha especie de cemento nos alcorques das árbores do Campo de Leña causa inquietude na veciñanza

Alcorques Campo da Leña
Veciñanza da zona dirixiuse ao grupo municipal do BNG para coñecer as razóns que levaron o Goberno Local a apostar por unha solución visualmente parecida ao cemento para os alcorques das árbores da contorna do Campo da Leña. De aí que o portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, dirixise ao Executivo coruñés unha pregunta por escrito ao respecto.
Unha especie de cemento nos alcorques das árbores do Campo de Leña causa inquietude na veciñanza

“Atendeu directamente a Concellaría de Medio Ambiente, a través de persoal técnico da área, consultas veciñais sobre a solución adoptada para os pés das árbores na contorna do Campo da Leña?”, inquire Francisco Jorquera.

O voceiro nacionalista interésase por saber se se trata dunha solución provisional ou definitiva e igualmente demanda información sobre se se aplica noutras zonas da cidade ou está previsto que se faga.

Alcorques 3

Como o cemento podería dificultar a absorción de auga por parte da árbore –a función dos alcorques, buracos practicados no chan xunto á base do tronco, é precisamente facilitala- Jorquera preguntálle ao Goberno Local se ten coñecemento de se secou algún dos exemplares situados á altura da intersección do Campo da Leña coa rúa da Praza. “Se así foi, coñécese a causa?”, inquire.

Normalmente para os alcorques úsase terra vexetal, máis porosa, e non un material con aspecto de cemento.

 

Unha especie de cemento nos alcorques das árbores do Campo de Leña causa inquietude na veciñanza