O encoro de Cecebre nunca chegou ao nivel de emerxencia, polo que o trasvase é innecesario
A Coruña, 1 de decembro de 2012.- O Grupo Municipal do BNG pon de manifesto que o encoro de Cecebre nunca chegou ao nivel de emerxencia, o único nivel para o que o Plan da Seca prevé a mobilización das reservas estratéxicas do encoro de Meirama. Así o revela o Plan Seca Galicia-Costa, que vén de ser feito público pola Xunta de Galiza.
Así, o Grupo Municipal do BNG pregúntase cal é a xustificación do proxecto de trasvase desde Meirama a Cecebre e para que se realizará. Os nacionalistas opóñense a este trasvase a través do que o PP quere construír unha minicentral hidroeléctrica, elixindo o negocio e desprezando a sustentabilidade.
Os nacionalistas denuncian os intereses da concelleira de Cultura, Ana Fernández, en relación ao convenio entre o Concello, Emalcsa e Augas de Galiza. A edila do PP, que incorreu nunha incompatibilidade co amparo do Sr. Negreira, votara a favor da aprobación da explotación do encoro de Cecebre, unha explotación da que se beneficia unha sociedade que pertence a súa familia directa. Pola outra banda, o Grupo Municipal do BNG lembra que a empresa que vai explotar o encoro pertence a Fergo Galicia, empresa matriz do hólding da familia da concelleira e que unha das empresas deste hólding, Minicentrales Bouza Vella, pertence, nun 16,6%, á concelleira de Cultura.