O BNG condena as sabotaxes contra o servizo de recollida do lixo
O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, expresou este venres a súa enérxica condena das sabotaxes perpetradas contra elementos do servizo de recollida do lixo –contentores, vehículos- e pide que se esclareza a autoría dos feitos.
25 feb. 2022 - 12:34
“O desexábel é que estes actos vandálicos non teñan nada a ver coa negociación en curso do convenio da empresa. As demandas laborais, por suposto, son lexítimas, e as canles para as expresar son outras”, afirma.
“Baixo o noso punto de vista, o que non é de recibo é a queima de contentores e a sabotaxe contra os vehículos de recollida do lixo”, engade.
Por iso desde o grupo municipal do BNG demandamos que se esclarezan os feitos e se depuren as responsabilidades ás que houber lugar.