APOIO Á SÚA XUSTA REIVINDICACION DE LLE SER RECOÑECIDA A SÚA CATEGORÍA COMO COLECTIVO INVESTIGADOR
Unha declaración institucional a favor das demandas do persoal do INIBIC
Iso representa un claro incumprimento do convenio colectivo das fundacións de investigación sanitarias galegas, o que leva o grupo municipal do BNG a impulsar unha Declaración Institucional do Concello, para a súa lectura no Pleno do vindeiro xoves 12 de outubro, co obxectivo de que a Corporación mostre o seu apoio ás profesionais do INIBIC na súa demanda de que se lles recoñeza por parte da Fundación Profesor Novoa Santos a categoría de persoal investigador. Actualmente, aparecen como persoal de apoio.
O feito destes profesionais non veren recoñecido o seu status profesional, alén de vulnerar un convenio colectivo que si se está a cumprir nas fundacións biomédicas de Santiago e Vigo, representa un claro bloqueo das carreiras académicas deste persoal, dana a investigación hospitalaria na Coruña e Ferrol e limita o obxectivo último das pesquisas biomédicas “que non é outro máis que xerar novo coñecemento sobre a orixe das enfermidades, os posíbeis tratamentos e a súa transferencia á práctica clínica