DA AUTORÍA DA NOSA DEPUTADA MERCEDES QUEIXAS

A debate no Parlamento unha iniciativa para a Xunta colaborar na posta en valor da biblioteca do Circo de Artesáns

Visita biblioteca Circo Artesáns
Visita BNG á biblioteca do Circo de Artesáns
A Comisión de Educación e Cultura do Parlamento da Galiza someterá a debate o vindeiro venres (a partir das 10.30 horas, cuarto punto na orde do día) unha iniciativa do BNG por medio da cal se insta a Xunta a que colabore na catalogación, dixitalización, conservación e accesibilidade pública dos fondos da biblioteca da Reunión Recreativa e Instrutiva de Artesáns, a entidade popularmente coñecida como Circo de Artesáns.
A debate no Parlamento unha iniciativa para a Xunta colaborar na posta en valor da biblioteca do Circo de Artesáns

A iniciativa, que será defendida pola deputada nacionalista Mercedes Queixas, pídelle ao Goberno galego que se implique na celebración do 175 aniversario do Circo de Artesáns, fundado na nosa cidade en 1847.

Como explica Queixas na exposición de motivos desta proposición non de lei, o Circo de Artesáns “é unha entidade que naceu cunha vontade cultural, instrutiva e benfeitora decidida, e coa inspiración dos principios emancipatorios da Ilustración”.

“A historia desta verdadeira ‘casa do pobo coruñés’”, esténdese a parlamentar do BNG, “converteuna nunha institución emblemática e fundamental da Coruña, mais tamén con moita influencia no resto da Galiza. Por iso mesmo algúns, seguindo Uxío Carré Aldao, a denominaron como o ‘Ateneo da Galiza’”.

Talvez a maior xoia que atesoura a institución, cuxa sede na Rúa Santo André ten unha extensión de 2.300 metros cadrados, sexa a súa biblioteca, dotada duns 15 volumes, moitos deles, remarca Queixas, do século XIX e anteriores.

“Biblioteca e documentación”, sinala, achánse nun estado de “abandono”, polo que precisan de “intervención dalgunha institución para o seu ordenamento, catalogación informática e posta en valor”.

De aí o rol que necesariamente ten de xogar a Administración galega na restauración dun ben cultural de primeirísima orde.

Moción do BNG

O Circo de Artesáns protagonizou tamén unha moción do BNG no Pleno do Concello, que foi debatida e aprobada na sesión realizada en outubro de 2021. O apoio aos actos do 175 aniversario da institución e a necesidade de establecer contactos coa Xunta e a Universidade da Coruña visando a restauración da súa biblioteca constituíron o núcleo desta iniciativa, defendida por Avia Veira.

 

A debate no Parlamento unha iniciativa para a Xunta colaborar na posta en valor da biblioteca do Circo de Artesáns