O Concello pagará xuros por atrasarse o Goberno municipal na execución dunha sentenza

O Concello pagará xuros por atrasarse o Goberno municipal na execución dunha sentenza

A Coruña, 3 de outubro 2013. O Grupo Municipal do BNG revela outra proba máis da “eficaz” e “modélica” xestión económica do goberno do PP: os tribunais evidencian e certifican que o Goberno Local do PP non paga e por esta razón increméntanlle en dous puntos o tipo de xuro legal que ten que aboar por impago. Así o vén de fallar o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, na súa Sentenza de 12 de setembro de 2013 (achégase coa nota), pola que se confirma un Auto do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 da Coruña de 24 de abril de 2013, en que se lle ordenaba ao Concello da Coruña a pagarlle á Sociedade Mercantil “Promocións Lamas Gómez, SL” a cantidade de “67.777,50 euros, con los intereses legales desde el 21.03.12 hasta el 31.03.13, y con incremento en dos puntos desde el día siguiente hasta el de su completo pago”.

A herdanza da súa “eficaz” e “modélica” xestión

O Goberno Local do PP xa non se pode xustificar no pasado, tendo en conta que os feitos que dan lugar a esta gran turrada de orellas por parte dos tribunais se corresponde integramente coa súa propia etapa actual de goberno, sinalan as nacionalistas. O Grupo Municipal do BNG advirte de que a “eficaz” e “modélica” xestión do PP supón claros prexuízos para o Concello da Coruña e para a cidadanía, ao que hai que sumar a condena en costas.

A orixe desta condena está nun recurso contencioso-administrativo promovido por esta entidade contra o Concello da Coruña (o 10 de novembro de 2011, cando xa gobernaba o PP) precisamente pola inactividade do propio Concello da Coruña, que non respondera unha reclamación de cantidade que a aquela tiña formulado (o 29 de setembro de 2011, cando xa gobernaba o PP) como compensación dos dereitos de aproveitamento pendente homologado derivados da expropiación de terreos na zona PERI de Manuel Murguía. O 27 de setembro de 2012, o Xulgado Contencioso-Administrativo número 3 da Coruña estima en parte o recurso desta entidade e declara que o Concello da Coruña debe aboarlle a cantidade de 67.777,50 euros.

Malia que a Sentenza non era firme e que cabía recurso de apelación contra ela, en Xunta de Goberno Local de 2 de novembro de 2012 (cando xa gobernaba o PP) acórdase coñecer e consentir esta resolución xudicial. Mais non paga, razón pola que a entidade promove un incidente de execución, que dá lugar ao citado Auto de 24 de abril de 2013, en que se ordena “al Ayuntamiento de A Coruña que le abone la suma de 67.777,50 euros, con los intereses legales desde el 21.03.12 hasta el 31.03.13, y con incremento en dos puntos desde el día siguiente hasta el de su completo pago”.

O que di literalmente o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza a respecto de como é a xestión económica do Goberno Local do PP

Non conforme co incremento en dous puntos do tipo de xuro legal que tiña que pagar, o Goberno Local recorre en apelación este Auto ao Tribunal Superior de Xustiza de Galiza. E o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, na súa Sentenza de 12 de setembro de 2013, desestima o recurso do Concello e confirma a citado Auto de 24 de abril de 2013, que incrementa en dous puntos o tipo de xuro legal a satisfacer por causa do tempo transcorrido desde que se ditou a sentenza que condena o Concello ao pago da cantidade, e por causa tamén de non ter acreditado o propio Concello da Coruña unha actuación dilixente para proceder a este pago.

Facendo súas as palabras do Auto que confirma, o Tribunal Superior de Xustiza afirma que o Concello da Coruña non ten un “proceder dilixente” e dá conta de como é a súa xestión económica (falta de crédito, orzamentos de 2013 e operacións de empréstito), para acabar concluíndo que non paga. Literalmente di na súa Sentenza (Fundamento de Dereito Segundo).

“El auto que es objeto del recurso de apelación incrementa en dos puntos el tipo del interés legal a satisfacer por la Administración demandada por dos razones: el tiempo transcurrido desde que se dictó la sentencia que condena al Ayuntamiento de A Coruña al pago de cantidad, y el no haber acreditado este haber actuado con diligencia para proceder a dicho pago. En su recurso de apelación el Ayuntamiento alega que no existió por su parte la falta de diligencia cuya apreciación exige el artículo 106.3 de la Ley jurisdiccional para que proceda dicho incremento, puesto que ya había puesto en conocimiento del Juzgado en noviembre de 2012 que no existía crédito suficiente para proceder al cumplimiento de la sentencia, y que se estaban realizando los trámite necesarios para obtener la correspondiente habilitación presupuestaria. Ese oficio obra ciertamente a los folios 9 y 10 de la pieza de ejecución; pero posteriormente se comunicó (folio 21 de la pieza) que en el presupuesto para el año 2013 se recogía la consignación presupuestaria suficiente para proceder a dicho pago, así como que se financiaría con una operación de préstamo, y que la concertación del crédito había sido aprobada por la Junta de Gobierno Local el 15-3-13, por lo que se procedería con prontitud al abono de lo debido; y en el recurso de apelación se dice asimismo que el 3-5-13 la Junta de Gobierno procedió a la adjudicación de distintos contratos de préstamo con diversas entidades bancarias, por lo que una vez formalizados los contratos se haría frente a las obligaciones contempladas en este pleito. Sin embargo nada se ha comunicado sobre esa formalización con posterioridad a la interposición del recurso de apelación, y tampoco sobre el efectivo abono de la cantidad indicada en la sentencia, desde cuyo dictado ha transcurrido ya casi un año. Por ello hay que coincidir con el auto apelado en que no resulta acreditado el proceder diligente que el Ayuntamiento sostiene, por lo que el recurso no puede ser acogido”.

O Concello pagará xuros por atrasarse o Goberno municipal na execución dunha sentenza