COMANDANCIA

A Comandancia e o desaloxo forzado desta mañá

Exterior da Comandacia durante a concetración en contra do despexo
Exterior da Comandacia durante a concetración en contra do despexo

Lamentamos que finalmente se decidira realizar un despexo pola vía da execución da notificación de desaloxo antes de esgotar todas as vías de diálogo

Entendemos nefasta toda a xestión realizada polo Goberno da Marea Atlántica a respecto do edificio da Comandancia e xa avanzamos que exixiremos que se dean explicacións do procedemento seguido no próximo Pleno

Consideramos, asemade, desproporcionado o despregue policial e non entendemos que se tiveran realizado cargas durante a concentración de solidariedade convocada diante das dependencias da Comandancia e amosamos a nosa repulsa polo emprego de gases lacrimóxenos e barras extensíbeis e que provocaron varias persoas feridas

A Comandancia e o desaloxo forzado desta mañá

Vimos de lamentar que finalmente se decidira realizar un despexo pola vía da execución da notificación de desaloxo antes de esgotar todas as vías de diálogo entre o Goberno municipal e a entidade asociativa a Insubmisa, a respecto da ocupación do edifico da Comandancia.

Neste sentido, consideramos que o despexo dun centro social autoxestionado é sempre unha mala noticia e A Coruña perde máis do que gaña e, do mesmo xeito, tamén lembramos que o obxecto para o que as persoas tentaron recuperar os espazos que o edificio da Comandancia ofrecía non foi outro que o de realizar actividades e organizar un labor social, o que é síntoma inequívoco de que isto mesmo non se está facendo pola Administración, e amosa a falta deste tipo de lugares abertos a políticas culturais e paticipativas no Concello da Coruña e a falta de políticas alternativas que ofrece o Goberno da Marea Atlántica.

Exrterior da Comandacia antes das cargas policiais

Asemade, recordamos que a ocupación supuxo que estas instalacións, abandonadas durante o mandato do Partido Popular, e na primeira etapa do presente mandato da Marea Atlántica, e que se atopaban en situación de ruína, foran, en primeiro lugar, recuperadas e, en segundo, froito desta ocupación, se axilizaran todos os procedementos administrativos pendentes para adecualas e recuperalas para o uso público e para goce do conxunto da veciñanza da Coruña, provocando incluso o inicio dun “proceso participativo” sobre “As Naves do Metrosidero”, polo que nos preguntamos que tería pasado con estas naves, e se seguirían en estado de abandono, se non tivera acontecido ningunha ocupación.

Neste sentido, entendemos nefasta toda a xestión realizada polo Goberno da Marea Atlántica a respecto da ocupación e xa avanzamos que exixiremos que se dean explicacións do procedemento seguido no próximo Pleno ordinario que se celebrará o luns 4 de xuño.

É unha magoa que non se esgotaran todas as vías de diálogo e negociación e que o Goberno da Marea optara por un desaloxo forzado. Aínda que se estea a comunicar que as instalacións estaban baleiras cando a Policía Local accedeu esta mañá ao edificio, e se efectivizou ou despexo, o que está claro e que houbo unha mobilización social e unha oposición que deu lugar a unha concentración de solidariedade diante do edificio, polo que queremos que no próximo Pleno se explique todo os pasos seguidos polo Executivo da Marea Atlántica.

Por último, consideramos desproporcionado o despregue policial e non entendemos que se tiveran realizado as cargas durante a concentración de solidariedade convocada diante das dependencias da Comandancia e amosamos a nosa repulsa polo emprego de gases lacrimóxenos e barras extensíbeis e que provocaron varias persoas feridas.

A Coruña, 23 de maio de 2018.

A Comandancia e o desaloxo forzado desta mañá