MEDIO AMBIENTE

Demandamos solucións ao abandono do parque Carlos Casares

Situación dun dos valados do parque Casares Quiroga en Monte alto
Situación dun dos valados do parque Casares Quiroga en Monte alto

Presentamos esta mañá unha iniciativa para que se reparen os danos que hoxe existen no conxunto deste parque de Monte Alto

Hai xa meses que se eliminou a única papeleira que estaba ao carón do parque infantil: un parque que xa é de por si pequeno en comparación co grande que é a zona verde e ao que é imposíbel chegar polos sendeiros que hai construídos polo que hai que acceder a el atravesando o campo ou mesmo a lama cando vén de chover. Tamén é moi dificultoso o uso da zona de areeiro que en moitas ocasións aparece cheo de excrementos de cans e que debería atoparse valado

Demandamos solucións ao abandono do parque Carlos Casares

Presentamos esta mañá unha iniciativa na que demandamos solucións do Goberno municipal ao abandono que presenta o parque Carlos Casares.

Na nosa iniciativa (que podes ver descargando aquí), denunciamos que o coidado deste parque de Monte Alto non é todo o desexábel, malia as reclamacións da veciñanza da zona, que xa teñen posto en coñecemento do Concello esta situación, mais, a volta de varias semanas non se teñen amañado cuestións básicas de mantemento como as papeleiras, os valados ou mesmo a zona infantil.

Hai xa meses que se eliminou a única papeleira que estaba ao carón do parque infantil: un parque que xa é de por si pequeno en comparación co grande que é a zona verde e ao que é imposíbel chegar polos sendeiros que hai construídos polo que hai que acceder a el atravesando o campo ou mesmo a lama cando vén de chover. Tamén é moi dificultoso o uso da zona de areeiro que en moitas ocasións aparece cheo de excrementos de cans e que debería atoparse valado.

Noiro co valado danado entre niveis do parque e a estrada do Paseo Marítimo

Asemade, tamén advirtimos da necesidade de reparar distintos tramos de valado, especialmente algún ao carón de escaleiras ou mesmo por ser separación dos noiros que dividen a distinto nivel zonas do propio parque, polo risco que supón a carencia destas estruturas de protección.

Deste xeito demandamos do Goberno municipal explicacións á falta de mantemento deste parque e que se responda a por que non se teñen amañado os valados e as papeleiras, malia as queixas das usuarias e dos usuarios deste parque.

Por último, tamén queremos que o Executivo da Marea Atlántica avance se ten pensado ampliar a zona destinada a parque infantil, se vai habilitar un sendeiro que permita chegar ao parque e ao areeiro e colocar un valado o seu redor, e se se vai colocar algún espazo específico para cans na zona da Torre de Hércules.

A Coruña, 22 de maio de 2018.

Demandamos solucións ao abandono do parque Carlos Casares