BARRIOS
Para cando estarán listas as instalacións de Catro Camiños?
Preguntamos se o Goberno local ten pensado facer algunha obra no pavillón José Toubes Pego
Queremos que se aclare se se ten adxudicado algún tipo de actuación nesta infraestrutura xa que entenden que se está a desaproveitar un ben público que podería dar cabida a numerosas actividades socioculturais no barrio de Catro Camiños
Levamos a voltas con estes espazos desde o anterior mandato. Asemade, xa pasou un ano e dous meses desde que se aprobara definitivamente a modificación puntual do PXOM de 2013 para dotar de equipamentos públicos a este barrio, mais non temos coñecemento de que o Gonermo da Marea Atlántica teña proxecto algún enriba da mesa para aproveitar estes espazos. Exiximos que se comece a súa rehabilitación e se poña ao servizo da veciñanza
Vimos de presentar unha batería de preguntas (que podes descargar premendo aquí), para a súa resposta por escrito no vindeiro Pleno, para que se aclare por que aínda non se procedeu ao aproveitamento dos espazos da praza de José Toubes Pego.
Durante o pasado mandato, o anterior Goberno Local do PP sacou a concurso e adxudicou as obras contidas no proxecto básico e de execución para a substitución de pavillón na praza de José Toubes Pego.
Daquela, denunciabamos que o solo onde se quería construír este centro, polas propias especificacións do PXOM, non amparaba o edificio de equipamento previsto, por moito que o Goberno Local do Sr. Negreira pretendese denominalo fraudulentamente de «quiosco». Ademais advertiamos, a aquela altura, que debía modificarse o PXOM xa que os cambios que se pretendían facer non poderían xustificarse aplicado o articulado da Lei de Ordenación Urbanística. O procedemento para estes cambios, finalmente, se executaron neste mandato entre o 2015 e o 2017.
Mais despois da aprobación definitiva do 28 de xullo de 2017 do documento denominado “Modificación puntual do PXOM 2013, na Praza José Toubes Pego, para a previsión dunha parcela de equipamento público, novembro 2016”, redactado polos técnicos e xurídicos municipais, nada se fixo polo que queremos que se aclare se se ten adxudicado algún tipo de obra nesta infraestrutura xa que entendemos que, despois de máis dun ano desde aquela aprobación, se está a desaproveitar un ben público que podería dar cabida a numerosas actividades socioculturais no barrio de Catro Camiños.
Levamos a voltas con estes espazos desde o anterior mandato. Asemade, xa pasou un ano e dous meses desde que se aprobara definitivamente a modificación puntual do PXOM de 2013 para dotar de equipamentos públicos a este barrio, mais non temos coñecemento de que o Gonermo da Marea Atlántica teña proxecto algún enriba da mesa para aproveitar estes espazos. Exiximos que se comece a súa rehabilitación e se poña ao servizo da veciñanza.
A Coruña, 17 de setembro de 2018