REXENERACIÓN URBANA

Entendemos que é inxusto que unicamente dimita unha funcionaria por un concurso de compra de vivendas

Exterior da comlexo de vivendas na rúa Joaquín Martín onde se atopa o piso comprado polo Concello
Exterior da comlexo de vivendas na rúa Joaquín Martín onde se atopa o piso comprado polo Concello

Reclamámoslle á Marea Atlántica que se faga cargo da asunción de responsabilidades, da ética e da radicalidade democrática que tanto propugnou

É inxusto que unicamente dimita unha funcionaria por un concurso de compra de vivendas para aluguer social no que non interveu ela soa: quen asina a resolución do concurso é o Sr. Varela, concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda e quen aproba a adquisición e autoriza os actos de compravenda, que o Consultivo declara nulo, é o Sr. Lema

Entendemos que é inxusto que unicamente dimita unha funcionaria por un concurso de compra de vivendas

Diante da petición de responsabilidades pola resolución do Consello Consultivo que declara a nulidade da compra de dous pisos no concurso para a adquisición de inmobles para o aluguer social, sinalamos que a Marea Atlántica ten que ser coherente e facerse cargo de que foron eles mesmos quen durante a campaña das Municipais de 2015 quixeron poñer o listón da ética e da estética ben alto e falaron de radicalidade democrática, dación de contas, de asunción de responsabilidades e de ética.

Lembramos que durante o proceso do concurso para a adquisición de inmobles para o aluguer social, o Concello aplicou de xeito laxo as bases e vulnerou a libre concorrencia ao mercar dúas vivendas que incumprían a normativa, deseñada pola propia Administración local: así o sinala o Consello Consultivo.

É moi grave que quen aprobou a adquisición e mais autorizou os actos de compravenda, o Sr. Lema, afirmase que era mentira que se vulnerase a libre concorrencia e que quen tiña que asinar a resolución da compra de vivendas e o responsábel de impulsar esta política chave para o Goberno da Marea Atlántica, o Sr. Varela, unicamente sinalase fallos humanos.

En coherencia con isto, nós entendemos que é inxusto que unicamente dimita unha funcionaria por un concurso de compra de vivendas para aluguer social no que non interveu ela soa: quen asina a resolución da compra é o Sr. Varela, concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda e quen aproba a adquisición e autoriza os actos de compravenda, que o Consultivo declara nulo, é o Sr. Lema”, sinala a voceira nacionalista Avia Veira.

A Coruña, 13 de setembro de 2018.

 

Noticias relacionadas:

Entendemos que é inxusto que unicamente dimita unha funcionaria por un concurso de compra de vivendas