Ante o burato nas contas do Concello, Jorquera pídelle a Inés Rey que presente sen demora o Plan Económico e Financeiro
No curso do Pleno de maio, e ante o burato detectado nas contas do Concello, o portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, pídelle ao Goberno Local que "presente sen demora un Plan Económico e Financeiro", tal e como está obrigado pola lexislación.
Ese Plan -tal e como ten advertido a nosa candidata á Alcaldía, Avia Veira- non pode resultar en recortes nos investimentos e na prestación de servizos públicos.
"De como se resolva esta situación, dependerá q consideremos roto ou non o acordo orzamental de 2026", sinalou Jorquera.
Aprobadas as tres mocións do BNG
De resto, o Pleno aprobou as tres mocións do BNG sometidas a debate: sobre o modelo de xestión de Nostián -e a necesaria licitación da nova planta-, sobre o impulso do cooperativismo e sobre Monte Alto.
As dúas primeiras foron aprobadas por unanimidade. A relativa a Monte Alto contou coa abstención do PP após o BNG non aceptar unha emenda formulada desde as bancadas da dereita.