O BNG denuncia que o PP logra colocar os seus nas xefaturas de servizo do Concello

O BNG denuncia que o PP logra colocar os seus nas xefaturas de servizo do Concello

A Coruña, 10 de setembro de 2014.- O Grupo Municipal do BNG denuncia que o Partido Popular, aplicándose inusitadamente nos principios de máxima celeridade e eficiencia da xestión, logra colocar os seus nas xefaturas de servizo un día antes de que se aprobe a Lei de racionalización do sector público. En efecto, xusto antes de que se aprobe no Congreso dos Deputados esta Lei, publícase no DOG de hoxe a resolución da convocatoria dos procedementos de libre designación das xefaturas de servizo (achégase dixitalizada). Confirmándose así o que dicían as nacionalistas e, polo tanto, aqueles funcionarios doutras administracións que chegaron de fóra quedarán agora como funcionarios do Concello da Coruña, incrementando a plantilla municipal pola porta de atrás.

Cronoloxía da inusitada celeridade e eficiencia do Partido Popular na resolución desta convocatoria, ausente na súa xestión diaria

E é que as présas do Goberno Local por colocar os seus (algunha con responsabilidades orgánicas na dirección local do PP como a nova xefa de servizo de emprego e empresa), xa alertadas polo BNG, deron lugar a unha inusitada celeridade e eficiencia na resolución desta convocatoria da provisión dos postos das xefaturas de servizo polo procedemento de libre designación, ausente na súa xestión diaria. Hoxe foi publicada no Diario Oficial de Galiza esta resolución, isto é xusto un día antes de que o Congreso dos Deputados aprobe a Lei de racionalización do Sector Público. Hai que lembrar que a convocatoria destes postos de xefaturas de servizo polo sistema de libre designación foi publicada no DOG o 14 de agosto (cun prazo de presentación de instancias de 15 días hábiles e rematando dito prazo o 2 de setembro), adxudicándose o 9 de setembro e publicado o anuncio xusto ao día seguinte da resolución, é dicir, hoxe, día 10 de setembro.

Convocatoria no DOG

14 de agosto de 2014

Inicio do prazo presentación de instancias

16 de agosto de 2014

Finalización do prazo de presentación de instancias

2 de setembro de 2014

Adxudicación por resolución da tenente alcalde delegada de persoal

9 de setembro de 2014

Anuncio da resolución no DOG

10 de setembro de 2014

 

Obxectivo cumprido: quedaranse na casa como funcionarios, incrementado a plantilla pola porta de atrás

De novo, tal e como denunciaba o BNG, o PP cumpriu o seu obxectivo. Xusto un día antes de que se aprobe a Lei de Racionalización do Sector Público, estas persoas funcionarias doutras administracións que entran no Concello da Coruña da man do Goberno Local do sr. Negreira polo procedemento de libre designación quedarán como funcionarios do Concello da Coruña, incrementando a plantilla pola porta de atrás. E é que en aplicación da nova Lei que se aprobará mañá no Congreso dos Deputados, de ser cesadas, o concello debe destinalas a outro posto, supondo un incremento neto da plantilla municipal. En concreto, isto sucederá pola aplicación da disposición transitoria novena da nova Lei que di:

“Disposición transitoria novena (nueva). Régimen aplicable al cese de los funcionarios de carrera que hayan obtenido un puesto de trabajo por el procedimiento de libre designación en otra Administración Pública con anterioridad a la entrada en vigor de esta Ley.

Lo previsto en el artículo 28, apartado cuatro de esta Ley, por el que se modifica el artículo 84.3 de la Ley 7/2007, de 12 de abril, del Estatuto Básico del Empleado Público, en lo relativo a la obligación de la Administración de origen de asignar un puesto de trabajo a aquellos funcionarios de carrera pertenecientes a la misma que hayan sido cesados en un puesto de trabajo en otra Administración Pública obtenido por el procedimiento de libre designación, será de aplicación a los funcionarios de carrera que obtengan un puesto de trabajo por dicho procedimiento en otra Administración Pública a partir de la entrada en vigor de esta Ley.

En este sentido, los funcionarios de carrera que habiendo obtenido un puesto de trabajo por el procedimiento de libre designación en otra Administración Pública antes de la entrada en vigor de esta reforma fueran cesados en dicho puesto o el mismo fuera objeto de supresión, permanecerán en la Administración de destino, que deberá asignarles un puesto de trabajo conforme a los sistemas de carrera y provisión de puestos vigentes en dicha Administración".

O BNG denuncia que o PP logra colocar os seus nas xefaturas de servizo do Concello