O BNG denuncia no Congreso a lona publicitaria colocada na torre do edificio de San Cristovo
Madrid, 21 Outubro 2015. A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, presentou unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa na que critica que se permitise cubrir a torre da emblemática estación de tren de A Coruña cunha enorme lona publicitaria na fachada da estación de tren de A Coruña, e pide explicacións ao Adif por non ter solicitado os pertinentes permisos ao concello de A Coruña.
Iniciativa no congreso: Rosana Pérez pide explicacións ao adif pola enorme lona publicitaria que cubre a torre da fachada da estación de tren de a Coruña
Rosana Pérez pón de manifesto a relevancia e o valor arquitectónico da estación ferroviaria de San Cristovo, unha construción que destaca neste tipo de arquitectura, tanto a nivel estatal como en Europa. Posee unha mistura de estilos, por un lado influencias racionalistas, a semellanza da Estación Central de Helsinki, e tamén recibe o influxo do estilo de postguerra.
A deputada do BNG quer saber cómo é posíbel que o Adif se salte un trámite administrativo necesario e critica que se utilice un edificio emblemático como se fose unha tenda
Sen esquecer o simbolismo socio-cultural que ten para a cidade coruñesa. É un referente da estrutura urbana da cidade e pertence como tal ao patrimonio urbán colectivo de A Coruña, que se debe protexer, coidar e preservar.
O Adif sáltase os permisos municipais
Por iso, causou tanto asombro que nos últimos días, viandantes e usuarios do tren vexan a torre da estación cuberta por un amplo cartel publicitario automovilístico que afea terribelmente a fachada da estación. A deputada do BNG fai valer varios artigos da Ordenanza Municipal reguladora da publicidade exterior que deixa claro que o Adif tiña que ter solicitado os pertinentes permisos ao concello.
Nese sentido, recolle o que se contempla no artigo 30 da Ordenanza que define como infración grave a instalación de carteis sen licenza municipal ou sen axustarse ás condicións da mesma.
Algo que non fixo, segundo a explicación do Administrador de Infraestruturas Ferroviario. Desde o BNG consideramos que o Adif debe dar as explicacións pertinentes por este xeito de actuar, e por utilizar un inmóbel tan emblemático na cidade como se fose unha tenda. Razón pola que dirixe unha batería de preguntas ao Adif:
Por que non cumpriu o trámite de solicitar os permisos ao concello? Como é posíbel que se salte un trámite administrativo municipal? Non debería respectar todas as normativas, máxime se falamos dun edificio singular, unha xoia arquitectónica que se debe coidar? De verdade considera adecuado que un edificio con tanto valor patrimonial apareza tan afeado?.