O BNG denuncia que o Goberno municipal non solicitou a reversión dos terreos do cuartel da Agrela

O BNG denuncia que o Goberno municipal non solicitou a reversión dos terreos do cuartel da Agrela

A Coruña, 29 de abril de 2013.- O Grupo Municipal do BNG pregúntase os motivos que levaron o Goberno do Sr. Negreira a non solicitar a reversión dos terreos do cuartel de Agrela, unha reivindicación que fixeran as nacionalistas en varias ocasións, a última, no Pleno de decembro, cando o Goberno municipal aprobou o Plan especial de SGL Carbón, en base ao artigo 111 do RD 1372/1986, de Regulamento de Bens de Entidades Locais*.

As nacionalistas lembran que o Concello lle cedeu ao Ministerio de Defensa para fins estritamente militares 50.325 metros cadrados dos 75.628,30 metros cadrados do Acuartelamento de Agrela, como recolle o convenio urbanístico de 15 de xullo de 2009 entre o Concello da Coruña e a Xerencia de infraestruturas e equipamento da Defensa sobre a propiedade Acuartelamento de Agrela.

Ademais, o Grupo Municipal do BNG denuncia o aumento de edificabilidade que contempla o PXOM aprobado polo PP en decembro de 2012. O plan aumenta a edificabilidade a 93.775 metros cadrados e incumpre o máximo legal de edificabilidade en solo urbano non consolidado, que é 1,5 metro cadrado por metro cadrado, tal e como recolle o artigo 46. 2 da LOUG, e non se reserva espazo para equipamento local.

As nacionalistas advirten de que hoxe mesmo remata o prazo de solicitude de reversión, que foi de catro anos, xa que a desafectación para uso militar dos terreos foi por resolución do Ministerio de Defensa de 29 de abril de 2009. Así, lamentan que o Goberno municipal renunciara a estes terreos que eran propiedade do Concello.

* Artigo 111 do RD 1372/1986, de Regulamento de Bens de Entidades Locais que estabelece que:

1. Si los bienes cedidos no fuesen destinados al uso dentro del plazoseñalado en el acuerdo de cesión o dejasen de serlo posteriormente se considerará resuelta la cesión y revertirán aquellos a la Corporación Local, la cual tendrá derecho a percibir de la entidad beneficiaria, previa tasación pericial, el valor de los detrimentos experimentados por los bienes cedidos.

2. Si en el acuerdo de cesión no se estipula otra cosa, se entenderá que los fines para los cuales se hubieran otorgado deberán cumplirse en el plazo máiximo de cinco años, debiendo mantenerse su destino durante los treinta años siguientes.

3. Los bienes cedidos revertirán, en su caso, al patrimonio de la entidad cedente con todas sus pertenencias y accesiones.

 

 

O BNG denuncia que o Goberno municipal non solicitou a reversión dos terreos do cuartel da Agrela