EN REPRESENTACIÓN DO BNG POLO PARTIDO XUDICIAL DA CORUÑA
Avia Veira, nova deputada provincial
As concelleiras e os concelleiros do BNG do partido xudicial da Coruña (Cambre, Culleredo, Carral, Cerceda, Arteixo e Oleiros) elixiron esta mañá, nunha votación na antiga Audiencia Provincial, Avia Veira como deputada provincial nacionalista.
Avia Veira foi a número dous da candidatura do BNG ao Concello da Coruña nas pasadas eleccións do 28 de maio.
“Afronto este novo reto na Deputación con moita ilusión e con toda a responsabilidade que supón a representación institucional e máis cando é no nome do BNG”, dixo, ao tempo que mostrou o seu agradecemento “ás compañeiras e compañeiros que me deron o seu apoio”.