A aprobación do proxecto de urbanización do S-10 do Ofimático non é tan definitiva
A Coruña, 20 de setembro de 2013.- Malia que hoxe na Xunta de Goberno Local se teña procedido a aprobar definitivamente o Proxecto modificado nº 1 do Proxecto de Urbanización do Sector 10 Parque Ofimático, cómpre deixar claro que haberá modificacións posteriores deste documento.
E isto tendo en conta que este documento que, modifica entre outras cousas as determinacións do proxecto de urbanización para adecualas ás novas rasantes contidas no Estudo de Detalle para o reaxuste das rasantes, deberá axustarse posteriormente ao Plan Parcial que se está a modificar neste momento. De modo que haberá que modificar de novo o Proxecto de Urbanización para adecualo aos cambios que se aproben coa modificación do Plan Parcial.