En outubro, o Goberno Local da Coruña tiña un importe pendente de pago a provedores de 33,3 millóns
A Coruña, 27 de decembro de 2014.- O Grupo Municipal do BNG sinala que segundo o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, o Goberno Local, en outubro de 2014, o Goberno Local da Coruña tiña un importe pendente de pago a provedores de 33,3 millóns de euros. Así, sinalan as nacionalistas, sen coñecerse aínda os datos oficiais dos meses de novembro e decembro, o importe pendente de pago a provedores do Concello da Coruña no mes de outubro de 2014 era superior ao das outras cidades galegas.
Así se pode comprobar na propia documentación do Ministerio de Facenda correspondente a outubro de 2014, en virtude da cal resulta que:
Outubro 2014 Importes pendentes de pago
A Coruña: 33.291.243,92
Santiago de Compostela: 7.808.442,58
Ourense: 122.552,62
Pontevedra: 551.351,26
Vigo: 3.748.732,31