Tarifazo eléctrico
Novas
Ana Pontón e Jorquera asinando

Levamos a Pleno unha moción contra a tarifa eléctrica

O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, vai defender no Pleno do vindeiro 8 de xullo unha moción contra o decreto 148/2021 en virtude do cal se estabelece a metodoloxía de cálculo dos cargos do sistema eléctrico. Esta iniciativa acompaña a que desenvolvemos estes días nas rúas, a recoller asinaturas contra o tarifazo.
Ler novas
Novas
Ana Pontón e Jorquera asinando

Arranca na Coruña unha campaña contra o tarifazo eléctrico e a prol de alternativas galegas que abaraten a enerxía

Non ao tarifazo eléctrico, si a unha tarifa eléctrica galega. Non a políticas dictadas ao servizo do lobby eléctrico (con gobernos do PP, PSOE ou PSOE-UP) e si a unha compañía galega de enerxía. Este venres arrancou na nosa cidade unha campaña nacional con alternativas galegas a unha regulación do sector eléctrico no Estado que consiste en que mandan os consellos de administración das eléctricas, inzados de ex ministros de PP e de PSOE.
Ler novas