regulamento-de-participacion
Novas
Fotografía dunha das reunións nos barrios que organiza o Goberno municipal baixo o formato "Dillo Ti"

O Goberno municipal ten tomada xa unha postura e renuncia a modificación do Regulamento de Participación

Lamentamos que o Executivo local persista na idea de crear os distritos unicamente sobre o mapa

O Goberno local debería afrontar de vez a reforma do Regulamento de Participación para dotar os distritos de atribucións, funcións e competencias concretas e convertelos en estruturas con capacidade de decisión que supoñerían unha verdadeira participación do pobo nos asuntos públicos

O empeño de crear distritos sobre o mapa da Coruña amosa a intención clara do Goberno da Marea de aparcar a reforma do Regulamento de Participación. Doutra volta, vai ser presentada mañá unha nova declaración de intencións, que de seguro irá acompañada de moita parafernalia pero que na realidade deixará aos barrios como estaban e sen avanzar en procesos de implantación de estruturas que garantan unha democracia real

Ler novas
Novas
Un dos momentos da reunión con representantes da plataforma Sos Sanidade Pública

Reunímonos coa plataforma SOS Sanidade Pública que nos trasladou a súa proposta da creación do Consello Municipal de Saúde

Valoramos positivamente esta iniciativa que pretende constituír un espazo de participación na elaboración, corresponsabilización e lugar para a posta en común de políticas, programas e actividades destinadas á mellora da saúde da poboación na Coruña

Doutra volta observamos como as asociacións, as entidades e as plataformas están dando o debate do que o Goberno da Marea está a fuxir desde o comezo do mandato: a reforma do Regulamento de Participación. Despois de case dous anos o Executivo local sigue adiando unha das resolucións asinadas no acordo de organización. Desde logo nós apoiaremos a creación deste Consello da Saúde, mais para que realmente poida chegar a ter as atribucións que a sociedade demanda del será necesaria a reforma do ROPC. E para isto último non vemos moi polo labor á Marea Atlántica 

Ler novas