SAÚDE
Reunímonos coa plataforma SOS Sanidade Pública que nos trasladou a súa proposta da creación do Consello Municipal de Saúde
Valoramos positivamente esta iniciativa que pretende constituír un espazo de participación na elaboración, corresponsabilización e lugar para a posta en común de políticas, programas e actividades destinadas á mellora da saúde da poboación na Coruña
Doutra volta observamos como as asociacións, as entidades e as plataformas están dando o debate do que o Goberno da Marea está a fuxir desde o comezo do mandato: a reforma do Regulamento de Participación. Despois de case dous anos o Executivo local sigue adiando unha das resolucións asinadas no acordo de organización. Desde logo nós apoiaremos a creación deste Consello da Saúde, mais para que realmente poida chegar a ter as atribucións que a sociedade demanda del será necesaria a reforma do ROPC. E para isto último non vemos moi polo labor á Marea Atlántica
Reunímonos con representantes da plataforma SOS Sanidade Pública co obxecto de dar traslado ao Pleno municipal dunha iniciativa que inste a creación do Consello Municipal da Saúde da Coruña.
Nesta reunión, mantida na tarde deste pasado luns, a plataforma trasladounos a súa proposta deste consello, que entre outras atribucións, pretende constituír un espazo de participación na elaboración, corresponsabilización e lugar para a posta en común de políticas, programas e actividades destinadas á mellora da saúde da poboación na Coruña.
Neste sentido, durante o desenvolvemento da reunión, animamos ás e aos representantes de SOS Sanidade Pública a presentar unha moción para que fora asinada por todos os grupos, así como a empregar o “escano cidadá” para defender a súa proposta.
Asemade, valoramos positivamente a achega, mais poñemos de manifesto como de novo a sociedade, e neste caso unha plataforma, pon en riba da mesa unha iniciativa e dá un dos debates dos que o Goberno da Marea está a fuxir constantemente desde o comezo do mandato, isto é a reforma do Regulamento de Participación.
Despois de case dous anos o Executivo local sigue adiando unha das resolucións asinadas no acordo de organización. Desde logo nós apoiaremos a creación deste Consello da Saúde, mais para que realmente poida chegar a ter as atribucións que a sociedade demanda del será necesaria a reforma do ROPC. E para isto ultimo non vemos moi polo labor á Marea Atlántica.
A Coruña, 14 de febreiro de 2017