Novas
Até o Goberno central recoñece que a reforma da Ponte Pasaxe non acabará cos atascos
22/ago./2023
O proxecto de ampliación da Ponte Pasaxe -cuxa primeira fase vén de ser aprobada polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana- non vai acabar cos atascos na vía que une A Coruña e Oleiros, salienta a concelleira do BNG Avia Veira. Nas súas prospeccións co horizonte posto en 2054, o propio Goberno central recoñece que, a pesar de ampliar a ponte, as colas de vehículos irán en aumento durante os próximos anos, enfatiza a edil nacionalista.