Pleno de decembro de 2020
Novas
Pleno decembro 2020. Avia Veira e Francisco Jorquera

Respaldo do Pleno de decembro ás tres mocións do BNG

O Pleno do Concello da Coruña deu luz verde este xoves 3D ás tres mocións do BNG sometidas a debate: sobre a cesión ao Concello do antigo cárcere (previa rehabilitación do edificio por parte do Estado), verbo da constitución do Consello Económico e Social e sobre o uso do Pazo de Meirás como Centro da Memoria Democrática da Galiza. As dúas primeiras iniciativas foron aprobadas por unanimidade, en tanto que a terceira colleitou o voto afirmativo de Marea Atlántica e PSdeG-PSOE e a abstención do PP.
Ler novas
Novas
Servizo de limpeza viaria. Foto: IG

O Goberno Local debe garantir que a concesionaria da limpeza viaria cumpra cos protocolos de saúde no traballo

O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, asina un rogo escrito ao Goberno Local -para a súa lectura no Pleno do vindeiro 3 de decembro- en relación ao deficiente cumprimento dos protocolos de saúde e hixiene no traballo por parte da concesionaria do servizo de limpeza viaria da Coruña, a UTE A Coruña Limpeza-FCC Medio Ambiente SAU-INGESER.
Ler novas